A hipercalcemia é un trastorno hidroelectrolítico no que os niveis sanguíneos de calcio están por riba dos 10,5 mg/dl.

Causas de hipercalcemia

As causas de hipercalcemia son moi variables, pero poden agruparse en:

Tratamento da hipercalcemia

O tratamento da hipercalcemia consiste en solucionar a causa que xera este aumento de calcio sanguíneo. Para facer descender os niveis en sangue empréganse líquidos e diuréticos, coidando que non se produza un descenso secundario dos niveis de potasio ou magnesio. A maiores, o uso de calcitonina dificulta a reabsorción de calcio nos tubos renais. Nalgúns casos pódense empregar glucocorticoides, diálise, nitrato de galio (impide a reabsorción de calcio por parte do óso) ou fosfatos.