-
Ignacio Vilar en 2012.
-
Vilar en 2015.
-
Vilar, Rubén Riós e Roberto Porto na promoción de Pradolongo
-
Na promoción de Vilamor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Petín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , guionista , produtor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Xosé Ignacio Vilar Díaz, coñecido como Ignacio Vilar, nado en Petín en 1951, é un director galego de cinema.[1]
Produtor, director, guionista, aos dezaoito anos trasladouse a Barcelona, onde estudou cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comezou un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona, e tamén polas vilas de Cataluña. Tamén foi profesor de cine a primeiros dos 80, na obra social da Caixa de Pensións de Cataluña.[2]
En 1989 gañou o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", volveu a Galicia e montou a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor guión | Ilegal | Finalista |
Mellor dirección de produción | Ilegal | Finalista | |
2008 | Mellor director | Pradolongo | Finalista |
2014 | Mellor director | A esmorga | Finalista |
Mellor guión | A esmorga | Finalista |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ignacio Vilar |