Premios Mestre Mateo | |
---|---|
![]() | |
Tipo | grupo de premios e evento periódico |
Data de fundación | 2002 |
Nomeado en referencia a | Mestre Mateu |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/premios-mestre-mateo/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA),[1] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios contan 25 categorías.
O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co mestre Mateu.[2]
Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) era a responsable de organizar os premios anuais do audiovisual galego, baixo o nome de Premios AGAPI. As cerimonias dos premios celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por AGAPI e pola nova asociación de produtoras que se acabara de constituír, a AEGA.
No 2002 adoptaron a súa denominación actual, polo que se fixeron dúas cerimonias do mesmo ano.
A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Mestre Mateo.
Categorías profesionais:
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premios Mestre Mateo ![]() |