As leis de Celavella | |
---|---|
Formato | Suspense e misterio |
Dirixido por | Jorge Coira, Gustavo Balza, Gerardo Gormezano e Carlos Sedes |
Intérpretes | Manuel Cortés (Pablo Veiga), Camila Bossa (Inés Pombo), Carlos Fernández Rodríguez (Paquiño Moure), Eva Fernández (Matilde), Margarita Fernández (Dona Elvira), Avelino González (Blas Pizarro), Roberto Leal, Fernando Morán (Laureano Moure), Víctor Mosqueira (Belisario), Antonio Mourelos (Feliciano Pombo), Salvador del Río (Tomás Veiga), Rodrigo Roel (Indalecio), Ana Santos (Leocadia), Ledicia Sola (Susana), Carmen Sotelo, Pepo Suevos, Gonzalo Uriarte (Crisanto), Nuncy Valcárcel (Dora), Marcos Viéitez (Wenceslao Rivas Pérez) |
País de orixe | Galicia |
Temporadas | 4 |
Episodios | 52 |
Produción | |
Duración | 70 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 2004 |
Derradeiro episodio | 2006 |
Na rede | |
http://www.vozaudiovisual.es/produccion/leis-de-celavella | |
[ editar datos en Wikidata ] |
As leis de Celavella é unha serie de televisión de suspense e misterio emitida pola Televisión de Galicia e producida por Voz Audiovisual dende o 19 de xaneiro do 2004[1] até o 2006.
Ambientada entre 1925 e 1928, a serie conta a historia dun avogado que volve á súa vila logo de estudar en Santiago de Compostela para dirixir o despacho de seu pai.
A serie gañou nove estatuíñas do premio Mestre Mateo en 2004, e 10 no 2005.