Libro de familia | |
---|---|
Formato | Drama |
Creado por | José María Besteiro |
Escrito por | Rosa Castro |
Dirixido por | Mariana Carballal Marta Piñeiro Giselle Llanio Manuel López |
Intérpretes | Manuel San Martín Mayka Braña Lucía Regueiro Alejandro Neira Gonzalo Uriarte Iolanda Muíños Diana Nogueira Paula Carballeira Abelardo Gabriel Mara Sánchez Rubén Riós Celso Parada Julio Pereira Anxo Carbajal Miro Magariños Monti Castiñeiras Manolo Romón Suso Cortegoso Lis Teutor |
País de orixe | Galiza |
Temporadas | 22 |
Episodios | 319 |
Produción | |
Duración | aproximadamente 70 minutos por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeira emisión | 13 de febreiro de 2005 |
Derradeira emisión | 12 de maio de 2013 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Libro de familia é unha serie de televisión emitida pola TVG entre 2005 e 2013 producida por El Correo Gallego.
A serie transcorre en Santalla, unha típica vila do interior galego durante os anos 1960, e está protagonizada por tres familias de diferente extracción social.
Nas tempadas 2005-06 e 2006-07 foi o espazo máis visto da TVG, seguido dalgúns clásicos galegos como O show dos Tonechos ou o veterano Luar. Na tempada 2007-08 repetiu este honor a pesar dunha leve perda de audiencia, pero quedando por enriba da revelación da tempada: Padre Casares, que promediou un 22,6% de share e 246.000 espectadores. Foi na tempada tempada 2008-09, despois de 3 anos á fronte, cando perdeu o liderado en favor da mencionada Padre Casares.
A serie retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que ten contas pendentes cos Freire, indianos que regresan da emigración logo de facérense ricos en Venezuela. A familia é o núcleo central da serie e todo xira arredor do que lle sucede, directa ou indirectamente, a cada membro.
Libro de familia retrata a Galicia dos anos 60, cando empezan a emerxer as cooperativas e a industria e comeza a chegar o diñeiro da emigración. O argumento mestura tramas de poder, amor e humor. Uns trinta veciños de Melide participaron como figurantes nesta serie galega, a primeira que dirixe unha muller.
Evolución da audiencia por tempadas:
Tempada | Capítulos | Estrea | Final | Audiencia media | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Share | |||||
1 | 13 | 13 de febreiro de 2005 | 8 de maio de 2005 | 296.000 | ||
2 | 13 | 14 de maio de 2005 | 4 de setembro de 2005 | 302.000 | ||
3 | 13 | 11 de setembro de 2005 | 4 de decembro de 2005 | 279.000 | ||
4 | 14 | 11 de decembro de 2005 | 12 de marzo de 2006 | 271.000 | ||
5 | 14 | 19 de marzo de 2006 | 18 de xuño de 2006 | 226.000 | ||
6 | 13 | 17 de setembro de 2006 | 10 de decembro de 2006 | 204.000 | ||
7 | 13 | 17 de decembro de 2006 | 25 de marzo de 2007 | 183.000 | ||
8 | 13 | 1 de abril de 2007 | 8 de xullo de 2007 | 185.000 | ||
9 | 13 | 30 de setembro de 2007 | 23 de decembro de 2007 | 170.218 | ||
10 | 13 | 30 de decembro de 2007 | 30 de marzo de 2008 | |||
11 | 13 | 6 de abril de 2008 | 29 de xuño de 2008 | |||
12 | 15 | 14 de setembro de 2008 | 21 de decembro de 2008 | |||
13 | 13 | 4 de xaneiro de 2009 | 29 de marzo de 2009 | |||
14 | 13 | 5 de abril de 2009 | 28 de xuño de 2009 | |||
15 | 15 | 20 de setembro de 2009 | 27 de decembro de 2009 | |||
16 | 13 | 3 de xaneiro de 2010 | 28 de marzo de 2010 | |||
17 | 13 | 4 de abril de 2010 | 27 de xuño de 2010 | |||
18 | 13 | 26 de setembro de 2010 | 19 de decembro de 2010 | |||
19 | 13 | 2 de xaneiro de 2011 | 27 de marzo de 2011 | |||
20 | 19 | 3 de abril de 2011 | 8 de xaneiro de 2012 | |||
21 | 18 | 15 de xaneiro de 2012 | 13 de maio de 2012 | |||
22 | 29 | 28 de outubro de 2012 | 12 de maio de 2013 |
Recibiu 13 candidaturas aos Premios Mestre Mateo en 2005, 3 en 2006 e 7 en 2008. Nas edicións de 2007, 2009 e 2010 a serie non foi presentada polos seus responsables, polo que non puido competir en ningunha categoría.
Tamén recibiu un Premio Galicia Comunicación e un Premio ATV da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España en 2006.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor director | Marta Piñeiro | Nomeada |
Mellor realizador | Giselle Llanio | Nomeada | |
Mellor dirección artística | Inés Rodríguez | Nomeada | |
Mellor son | Son do Tagalem | Nomeado | |
Mellor fotografía | Sergio Franco | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Ana Muíño e Fani Mosquera | Nomeadas | |
Mellor deseño de vestiario | María Fandiño | Nomeada | |
2012 | Mellor actriz secundaria | Mara Sánchez | Nomeado |