Grupo de nenos palestinos en Yenín.

Neno, desde o punto de vista do seu desenvolvemento psicobiolóxico, é a denominación atribuída a toda criatura humana que non acadou a puberdade. Como sinónimo de infantil ou pueril, o termo aplícase a quen non é considerado adulto.

En función da súa evolución psicoafectiva, psicomotriz e cognitiva, ós acabados de nacer e durante a primeira etapa da súa vida, denomínaselles comunmente bebés para distinguilos dos que acadaron unha certa autonomía.

En termos xerais, ou xurídicos, neno é toda persoa menor de idade; neno ou nena[1].

Desenvolvemento da infancia

Recentemente nado.

O desenvolvemento da nenez é o estudo dos procesos e os mecanismos que acompañan o crecemento físico e mental dun infante mentres acada a súa madurez.

A pediatría é a rama da medicina referente ó coidado de nenos da infancia ata a adolescencia, e ás veces mesmo de adultos mozos (idades 0-21 anos).

Estas escalas de idades son aproximadas, e poden cambiar entre culturas. A lista seguinte reflicte o concepto do desenvolvemento do neno no século XXI.

Desenvolvemento cognoscitivo

Nenos na escola

Notas

  1. Libro de Estudos Sociais 8º grao editorial Santillana, páx. 65, San Salvador, El Salvador

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas