A inmunotolerancia no embarazo, inmmunotolerancia xestacional ou inmunotolerancia materna é a ausencia de resposta inmunitaria materna contra o feto e a placenta, os cales poderían considerarse como aloenxertos infrecuentemente exitosos, xa que difiren xeneticamente da nai, pero son tolerados.[1] Da mesma maneira, moitos casos de abortos espontáneos poderían describirse tamén como similares a un rexeitamento de transplantes materno.[1] A inmunotolerancia no embarazo estúdase no eido da inmunoloxía reprodutiva.

Mecanismos

[editar | editar a fonte]

Mecanismos placentarios

[editar | editar a fonte]
A placenta funciona como unha barreira inmunolóxica entre a nai e o feto.

A placenta funciona como unha barreira inmunolóxica entre a nai e o feto, que crea un sitio inmunoprovilexiado. A placenta fai isto utilizando diversos mecanismos:

Porén, a placenta permite o paso de anticorpos IgG maternos ao feto para protexelo de infeccións, aínda que estes anticorpos non teñen como diana as células fetais, a non ser que algún material fetal escape a través da placenta e se poña en contacto con células B maternas e iso faga que esas células empecen a producir anticorpos contra as dianas fetais. A nai produce anticorpos contra os tipos sanguíneos AB0 alleos, e as células sanguíneas fetais serían posibles obxectivos, pero estes anticorpos preformados son xeralmente do tipo IgM,[6] que normalmente non poden cruzar a placenta. Porén, en casos raros, pode orixinarse unha incompatibilidade AB0 aos anticorpos IgG que cruzan a placenta, e que son orixinados pola sensibilización da nai (xeralmente de tipo 0) a antíxenos presentes na comida ou en bacterias.[7]

Outros mecanismos

[editar | editar a fonte]

A barreira placentaria non é o único mecanismo para evitar a acción do sistema inmunitario, xa que as células fetais alleas tamén se encontran na circulación materna, ao outro lado da barreira placentaria,[8] e como xa se dixo, a placenta non bloquea a entrada de IgGs maternas no feto.

Un modelo para a indución de tolerancia durante as primeiras fases do embarazo é a hipótese do sistema de defensa fetoembriónico de euterios (eu-FEDS).[9] A premisa básica da hipótese eu-FEDS é que as glicoproteínas solubles e asociadas á superficie das células presentes no aparato reprodutor e expresados nos gametos, suprimen calquera resposta inmunitaria potencial, e inhiben o rexeitamento do feto.[9] O modelo eu-FEDS ademais suxire que secuencias específicas de carbohidratos (oligosacáridos) están unidas covalentemente a estas glicoproteínas inmunosupresoras e actúan como “grupos funcionais” que suprimen a resposta inmunitaria. As principais glicoproteínas uterinas e fetais que están asociadas co modelo eu-FEDS en humanos son: alfa-fetoproteína, CA125, e glicodelina-A (tamén coñecida como proteína placentaria 14 (PP14)).

As células T reguladoras probablemente tamén teñen un papel neste mecanismo.[10]

Ademais, crese que ocorre un cambio desde unha inmunidade mediada por células cara a unha inmunidade humoral.[11]

Tolerancia insuficiente

[editar | editar a fonte]

Moitos casos de aborto espontáneo poden describirse do mesmo modo que un rexeitamento de transplantes,[1] e unha tolerancia insuficiente crónica pode causar infertilidade. Outros exemplos de tolerancia inmune insuficiente no embarazo son a enfermidade do Rh e a preeclampsia:

Os embarazos que resultan da doazón de óvulos, no que a portadora do feto é menos similar xeneticamente ao feto do que a súa nai biolóxica (doante), están asociados cunha maior incidencia de hipertensión inducida polo embarazo e patoloxía placentaria.[14] Os cambios inmunolóxicos sistémicos e locais son tamén máis acusados que nos embarazos normais, polo que se suxeriu que a maior frecuencia de certos trastornos nas doazóns de óvulos pode ser causada pola redución da inmunotolerancia da nai.[14]

Infertilidade e abortos espontáneos

[editar | editar a fonte]

As respostas inmunolóxicas poderían en moitos casos ser a causa da infertilidade e de abortos espontáneos. Algunhas razóns inmunolóxicas que contribúen á infertilidade son a síndrome de fallo autoinmune reprodutivo, a presenza de anticorpos antifosfolípidos, e anticorpos antinucleares.

Os anticorpos antifosfolípidos diríxense contra os fosfolípidos da membrana plasmática. Algúns estudos atoparon que eses anticorpos contra a fosfatidilserina, fosfatidilcolina, fosfatidilglicerol, fosfatidilinositol e fosfatidiletanolamina atacan ao preembrión. Os anticorpos contra a fosfatidilserina e fosfatidiletanolamina atacan ao trrofoblasto.[15] Estes fosfolípidos son esenciais para axudar ás células do feto a permaneceren unidas ás células do útero no que houbo implantación. Se unha femia ten anticorpos contra eses fosfolípidos, estes serán destruídos durante a resposta inmune e finalmente o feto non poderá permanecer unido ao útero. Estes anticorpos tamén poñen en risco a saúde do propio útero ao alteraren o fluxo sanguíneo no útero.[15]

Os anticorpos antinucleares causan unha inflamación no útero que fai que nese estado non sexa un lugar axeitado para a implantación do embrión. As células asasinas naturais consideran erradamente que as células fetais son células cancerosas e atácanas. Un individuo que presenta síndrome de fallo autoinmune reprodutivo ten unha infertilidade sen explicación, endometriose, e repetitivos abortos espontáneos debido aos seus elevados niveis de anticorpos antinucleares circulantes.[15] Tanto a presenza de anticorpos antifosfolípidos cama a de anticorpos antinucleares ten efectos tóxicos na implantación dos embrións. Isto non se aplica a anticorpos antitiroideos, xa que so seus niveis elevados non teñen efectos tóxicos, pero son un indicativo de que hai risco de aborto. Os anticorpos antitiroideos elevados actúan como un marcador para femias que teñen unha disfunción de linfocitos T porque eses niveis indican que as células T están a segregar altos niveis de citocinas que inducen inflamación na parede uterina.[15]

Porén, actualmente non hai fármacos que preveñan os abortos espontáneos por inhibición das respostas inmunes maternas, e a aspirina non ten efecto neste sentido.[16]

Incremento da susceptibilidade ás infeccións

[editar | editar a fonte]

Os cambios inmunolóxicos no embarazo alteran a susceptibilidade e a severidade de enfermidades infecciosas. Por exemplo, o embarazo pode incrementar a susceptibilidade á toxoplasmose e listeriose e pode aumentar a gravidade de moitas doenzas e as súas taxas de mortalidade, como na gripe e varicela.[11]

Embarazo interespecífico

[editar | editar a fonte]

Se o mecanismo de rexeitamento-inmunidade do feto se chega a aclarar en detalle, especulouse que este coñecemento podería aproveitarse para aplicalo nos embarazos interespecíficos (en especies diferentes), facendo, por exemplo, que os porcos fagan a xestación de fetos humanos como unha alternativa ás nais surrogadas ("de alugueiro") humanas.[17]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Clark DA, Chaput A, Tutton D (1986). "Active suppression of host-vs-graft reaction in pregnant mice. VII. Spontaneous abortion of allogeneic CBA/J x DBA/2 fetuses in the uterus of CBA/J mice correlates with deficient non-T suppressor cell activity". J. Immunol. 136 (5): 1668–75. PMID 2936806. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  2. "Placenta 'fools body's defences'". BBC News. 2007-11-10. 
  3. 3,0 3,1 Page 31 to 32 in: Maternal-Fetal Medicine : Principles and Practice. Editor: Robert K. Creasy, Robert Resnik, Jay D. Iams. ISBN 978-0-7216-0004-8 Published: September 2003
  4. Mi S, Lee X, Li X; et al. (2000). "Syncytin is a captive retroviral envelope protein involved in human placental morphogenesis". Nature 403 (6771): 785–9. PMID 10693809. doi:10.1038/35001608. 
  5. Luis P. Villarreal (2004). "Can Viruses Make Us Human?" (PDF). Proceedings of the American Philosophical Society 148 (3): 314. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2011. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  6. Magnetic immunodiagnostic method for the demonstration of antibody/antigen complexes especially of blood groups Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Yves Barbreau, Olivier Boulet, Arnaud Boulet, Alexis Delanoe, Laurence Fauconnier, Fabien Herbert, Jean-Marc Pelosin, Laurent Soufflet. October 2009
  7. Merck manuals > Perinatal Anemia Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. Last full review/revision January 2010 by David A. Paul
  8. Williams Z, Zepf D, Longtine J; et al. (2008). "Foreign fetal cells persist in the maternal circulation". Fertil. Steril. 91 (6): 2593–5. PMID 18384774. doi:10.1016/j.fertnstert.2008.02.008. 
  9. 9,0 9,1 Clark GF, Dell A, Morris HR, Patankar MS, Easton RL (2001). "The species recognition system: a new corollary for the human fetoembryonic defense system hypothesis". Cells Tissues Organs (Print) 168 (1-2): 113–21. PMID 11114593. doi:10.1159/000016812. 
  10. Trowsdale J, Betz AG (2006). "Mother's little helpers: mechanisms of maternal-fetal tolerance". Nat. Immunol. 7 (3): 241–6. PMID 16482172. doi:10.1038/ni1317. 
  11. 11,0 11,1 Jamieson DJ, Theiler RN, Rasmussen SA. Emerging infections and pregnancy. Emerg Infect Dis. 2006 Nov. Available from http://www.cdc.gov/ncidod/EID/vol12no11/06-0152.htm Arquivado 05 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
  12. Robertson, Sarah. "Role of seminal fluid signalling in the female reproductive tract". health.adelaide.edu. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2012. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  13. Sarah A. Robertson, John J. Bromfield, and Kelton P. Tremellen (2003). "Seminal ‘priming’ for protection from pre-eclampsia—a unifying hypothesis". Journal of Reproductive Immunology 59 (2): 253–265. PMID 12896827. doi:10.1016/S0165-0378(03)00052-4. 
  14. 14,0 14,1 Van Der Hoorn, M. L. P.; Lashley, E. E. L. O.; Bianchi, D. W.; Claas, F. H. J.; Schonkeren, C. M. C.; Scherjon, S. A. (2010). "Clinical and immunologic aspects of egg donation pregnancies: a systematic review". Human Reproduction Update 16 (6): 704. doi:10.1093/humupd/dmq017. PMID 20543201.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Gronowski, Ann M (2004). Handbook of Clinical Laboratory Testing During Pregnancy. Humana Press. ISBN 1-58829-270-3. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  16. Kaandorp, S. P.; Goddijn, M. �T.; Van Der Post, J. A. M.; Hutten, B. A.; Verhoeve, H. R.; Hamulyák, K.; Mol, B. W.; Folkeringa, N. et al. (2010). "Aspirin plus Heparin or Aspirin Alone in Women with Recurrent Miscarriage". New England Journal of Medicine 362 (17): 1586. doi:10.1056/NEJMoa1000641. PMID 20335572.
  17. Darwin's children LeVay, Simon. (1997, October 14). from The Free Library. (1997). Retrieved March 06, 2009