Medicións do son |
---|
Presión sonora p, SPL |
Velocidade de partícula v, SVL |
Desprazamento de partícula ξ |
Intensidade sonora I, SIL |
Potencia sonora Pac |
Nivel de potencia sonora SWL |
Enerxía sonora |
Densidade de enerxía sonora E |
Fluxo de enerxía sonora q |
Impedancia acústica Z |
Velocidade do son c |
Audiofrecuencia AF
|
A intensidade do son defínese como a potencia acústica transferida por unha onda sonora por unidade de área normal á dirección de propagación.
onde I é a intensidade sonora, A é a potencia acústica e N a área normal á dirección de propagación.
A intensidade do son que se percibe subxectivamente é o que se denomina sonoridade, e permite ordenar sons nunha escala de máis forte a máis débil.
No caso dunha onda esférica que se transmite desde unha fonte puntual no espazo libre (sen obstáculos), cada fronte de onda é unha esfera de radio r. Neste caso, a intensidade acústica é inversamente proporcional á área da fronte de onda (A), que á súa vez é directamente proporcional ao círculo da distancia á fonte sonora.
A unidade derivada utilizada polo Sistema Internacional de Unidades é o vatio por metro cadrado (W/m²).
O oído humano ten a capacidade de escoitar sons a partir dunha intensidade de 10−12 W/m². Esta intensidade coñécese como limiar de audición. Cando a intensidade supera 1 W/m², a sensación tórnase dolorosa.
Dado que no rango de intensidades que o oído humano pode detectar sen dor hai grandes diferenzas no número de cifras empregando unha escala linear, é habitual utilizar unha escala logarítmica. Por convención, en dita escala logarítmica emprégase como nivel de referencia o limiar de audición. A unidade máis empregada na escala logarítmica é o decibel.
onde IdB é a intensidade acústica en decibelios, I é a intensidade acústica na escala linear (W/m² no SI) e I0 é o limiar de audición (10−12 W/m²).
Estes decibelios denótanse domo dBSIL, do inglés Sound Intensity Level, que non teñen o mesmo valor que os dBSPL, de Sound Pressure Level, nivel de presión sonora, que saen dunha presión sonora.[1]