International Numismata Orientalia é unha serie editorial relativa á numismática de Oriente Medio e da Asia Meridional composta por contribucións de numismáticos especialistas, publicada pola editora londiniense Messrs Trübner & Co. a finais do século XIX.

Concepción

[editar | editar a fonte]

A creación da serie baseouse nunha preexistente, titulada Numismata Orientalia e producida polo orientalista William Marsden na primeira parte do século XIX, coa que se iniciaran os estudos e as investigacións acerca da moeda oriental e de toda Asia.

Nun principio, a nova serie estaba concibida para ser unha reedición da Numismata Orientalia de Marsden, mais finalmente transcendeu este propósito e a partir da parte 2 foi rebautizada como International Numismata Orientalia.[1]

Composición

[editar | editar a fonte]

A planificación da serie quedou definida por Edward Thomas no limiar da Parte 1:[2]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Marsden's International Numismata Orientalia". En Nature 13 (1876). Páxinas 302-303.
  2. Edward Thomas (1974). Ancient Indian Weights. "Preface". Páxinas iii-iv.