Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1846 Londres, Reino Unido |
Morte | 17 de xullo de 1937 (90 anos) Oxford. Inglaterra |
Disney Professor of Archaeology (en) | |
1879 – 1887 ← Churchill Babington (pt) – Forrest Browne (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Christ's College . Universidade de Cambridge |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | Corredor de bolsa , profesor universitario , numismático , arqueólogo clásico , antropólogo , historiador da arte , erudito clásico |
Empregador | Universidade de Oxford Universidade de Cambridge Museo Británico |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Agnes Reid. |
Irmáns | Ernest Arthur Gardner (pt) |
Premios | |
(1889): Medalla da RNS. | |
Percy Gardner, nado o 24 de novembro de 1846 en Londres e finado o 17 de xullo de 1937 en Oxford, foi un arqueólogo clásico e numismático inglés, profesor das universidades de Cambridge e de Oxford.[1]
Gardner naceu no distrito londiniense de Hackney o 24 de novembro de 1846, terceiro fillo do corredor de bolsa Thomas Gardner e a súa muller Ann Pearse.[2] Estudou na City of London School ata os 15 anos, cando se uniu ao seu pai nos negocios bolsísticos.[3]
En 1865 matriculouse no Christ's College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en 1869 en Estudos Clásicos e Ciencias Morais.[3] En 1870 foi beneficiario da bolsa Whewell, da mesma universidade, en dereito internacional.[2]
En 1871 ingresou como axudante no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, posto que ocupou ata 1887. Nese período colaborou na redacción dos primeiros catálogos das coleccións de moeda grega do museo, xunto con R. S. Poole e Barclay V. Head, e tamén se ocupou da dirección editorial da revista The Journal of Hellenic Studies (1879-1895).[3]
En 1872 comezou a docencia no Christ's College, de Cambridge.[2] Alí accedeu ao posto de profesor titular de Arqueoloxía en 1879, que abandonou en 1886 para se trasladar á Universidade de Oxford, como profesor titular de arqueoloxía Clásica, entre 1897 e o seu retiro en 1925.[3] Ao longo de todo o seu período académico dedicouse moi intensamente ao estudo da arte antiga, sinaladamente a grega.[4]
Nesta última etapa, tamén se converteu nun estudoso relevante da temática bíblica, sobre a que deixou numerosas publicacións.[4]
Entre outras entidades de carácter académico, Gardner foi elixido membro da Academia Británica en 1903[5] e membro honorífico estranxeiro do Archaeological Institute of America.[6] En 1905, Gardner foi o representante británico no Congreso Arqueolóxico de Atenas e, ata 1911, foi o presidente da Sociedade para a Promoción dos Estudos Helénicos, de Londres. En 1914 foi nomeado membro correspondente da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París.[7]
Gardner estivo casado con Agnes Reid ata a ruptura do seu matrimonio en 1874.[3]
A súa irmá, Alice Gardner, foi historiadora e o seu irmán, Ernest Arthur Gardner, dedicouse coma el á arqueoloxía.[4][8]
Percy Gardner faleceu en Oxford o 17 de xullo de 1937.[3]