Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1825 Narva |
Morte | 2 de febreiro de 1902 (76 anos) San Petersburgo. Imperio Ruso. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Rusa |
Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e orientalismo. |
Ocupación | numismático , arqueólogo , orientalista , historiador , tradutor |
Empregador | Academia das Ciencias de San Petersburgo |
Membro de | |
Profesores | Christian Martin Joachim Frähn (pt) |
Influencias | Christian Martin Frähn. |
Lingua | Lingua rusa, lingua alemá e lingua francesa |
Premios | |
(1901): Medalla da RNS. |
O barón Ernst Woldemar von Tiesenhausen (en ruso: Wladimir Gustavovitch von Tiesenhausen), nado en Narva o 25 de febreiro de 1825 e finado en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1902, foi un académico, orientalista e numismático de familia alemá e nacionalidade rusa.[1][2]
Woldemar von Tiesenhausen pertencía a unha antiga familia da nobreza alemá do Báltico, os Tiesenhausen, que chegaron a Livonia cos cabaleiros teutónicos.[1]
Era fillo do tenente coronel Gustav von Tiesenhausen, que estaba ao servizo de Rusia, e da súa muller, Juliane.[1]
Logo de cursar o seu ensino secundario no primeiro gymnasium clásico de San Petersburgo, en 1848 graduouse na Facultade de Linguas Orientais da Universidade de San Petersburgo.[1] Tamén perfeccionou a súa formación en encontros privados con Christian Martin Frähn (1782-1851), un prestixioso orientalista alemán ao servizo do Imperio Ruso e director do Museo Asiático da Academia Imperial.
Malia ter ascendencia nobre, carecía de fortuna persoal e en 1841 entrou na Función Pública, na que permaneceu durante 12. En 1861 foi destinado á Comisión Arqueolóxica Imperial, na que prestou servizos ata 1900, desde 1895 como vicepresidente.[1][2] En tal condición emprendeu varias escavacións nas localizacións de antigas cidades gregas ou escitas no norte do Cáucaso e na Pequena Rusia (correspondente, aproximadamente, á actual Ucraína).
Tiesenhausen puido completar as súas investigacións e as súas obras grazas ao mecenado do conde Stroganov, un coleccionista erudito cunha gran riqueza que financiou tamén unha viaxe do barón por Europa en 1880, coa finalidade de recoller manuscritos relacionados coa Horda de Ouro, o que deu lugar a unha publicación sobre este tema en 1884 (o segundo tomo foi publicado en 1941 pola Academia de Ciencias da URSS, xa que Tiesenhausen non tivo medios para facelos no seu tempo e o seu mecenas xa falecera). Este segundo tomo aproveita especialmente as fontes persas.
Outro dos seus traballos máis sobranceiros foi un estudo sobre as moedas orientais do propio Conde Stroganof, publicado en 1880.[2]
En 1893, Tiesenhausen ingresou como membro correspondente da Academia Imperial de Ciencias de Rusia, na categoría de Literatura Oriental.[1][2]
Estes son os traballos monográficos publicados polo barón Tiesenhausen ao longo da súa carreira académica:[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Woldemar von Tiesenhausen |