Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1923 Hamburgo, Alemaña |
Morte | 18 de outubro de 2010. Eutin. Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemá. |
Educación | Universidade de Hamburgo. |
Coñecido por | Estudos de numismática medieval alemá |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Influencias | |
Lingua | Lingua alemá |
Familia | |
Cónxuxe | Gert Hatz |
Premios | |
- 1979: Medalla Elias Brenner (SNF). - 1993: Comendadora da Orde da Estrela Polar. - 2003: Medalla da Royal Numismatic Society (RNS). - (2007) Medalla Gunnar Holst. |
Vera Hatz (de solteira: Vera Jammer), nada o 15 de agosto de 1923 en Hamburgo e finada o 18 de outubro de 2010 en Eutin, foi unha numismática alemá.[1][2]
Logo dos seus primeiros estudos en Hamburgo e en Jena, en 1945 establece contacto co profesor Walter Hävernick, que resultará crucial na súa carreira posterior. Con el naceu o seu interese pola moeda dos séculos X e XI e baixo a súa dirección doutorouse en 1951 na Universidade de Hamburgo cunha tese sobre os inicios das cuñaxes de moeda en Saxonia.[3][4] Xunto co seu marido, o numismático Gert Hatz, e Peter Berghaus, pertenceu á denominada "escola numismática de Hamburgo".[5]
Desde o mesmo ano do seu doutoramento comezou a colaborar co Museo de Historia de Hamburgo, que dirixía Hävernick, e en 1954, no marco da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, trasladouse a Estocolmo, onde comezou a dedicarse á sistematización da moeda alemá dos séculos X e XI provenientes dos achados monetarios do período viquingo en Suecia. Logo do seu casamento con Gert Hatz en 1957 comezou un período de frecuentes estadías en Suecia, en ocasións na compaña de Peter Berghaus. Tiñan o prixecto de publicar os achados no marco dun programa internacional e, como punto de partrida, en 1961 Vera publicou un primeiro estudo acerca dos pfennige de Otón III e a súa avoa Adelaida, que resultou fundamental ata os nosos días pola clasificación que se fai destas moedas.[6][7] Logo doutras publicacións de carácter parcial, entre 1975 e 2010 publicouse o compendio do resultado dos seus traballos en Suecia, coa obra Corpus Nummorum Saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt, composta por nove volumes.[5][8]
Xunto co seu marido, Gert Hatz, atópase entre os numismáticos máis importantes especializados na Idade Media, sinaladamente nas moedas e na historia do diñeiro dos séculos X e XI.[7]
Estas son algunhas das monografías que caracterizan a produción de Vera Hatz ao longo da súa carreira. As publicadas antes do seu matrimonio con Gert Hatz (1956) amosan como nome da autora Vera Jammer (o apelido de solteira):[14][15]