Adrien Blanchet en (1924) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1866 París, Francia |
Morte | 27 de decembro de 1957 (91 anos) París. Francia. |
President of the Société de l'histoire de Paris et de l'Île-de-France (en) | |
1911 – 1912 ← Jules Guiffrey (pt) – Henry Marie Radegonde Martin (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | francesa |
Educación | École Pratique des Hautes Études. École du Louvre. |
Coñecido por | Estudos de numismática galo-romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, arqueoloxía e biblioteconomía. |
Ocupación | bibliotecario , arqueólogo , numismático |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa |
Premios | |
- (1919): Medalla da RNS. - (1934): Medalla Huntington (ANS). | |
Jules Adrien Blanchet, nado o 8 de marzo de 1866 en París e finado o 27 de decembro de 1957 na mesma cidade, foi un numismático, arqueólogo e bibliotecario francés.
Adrien Blanchet naceu en París o 8 de marzo de 1866 nunha familia orixinaria de Normandía. De rapaz amosou interese polas moedas antigas; xa con 16 anos axudaba o arquivista do Museo de Pau na clasificación de moedas e logo introduciuse na numismática da man de Anatole de Barthélemy.[1] Blanchet cursou os seus estudos na École Pratique des Hautes Études de París e na École du Louvre (1891).[2][3]
En 1890 ingresou na Biblioteca Nacional de Francia, onde desde 1892 ocupou o posto de bibliotecario e a partir de 1895 foi bibliotecario honorario.[4][5] Alí traballou na inventariación de varias coleccións do Gabinete de Medallas, sinaladamente as moedas partas e as atenienses, e publicou en 1985 o catálogo da colección de bronces antigos, en colaboración con Ernest Babelon.[2]
Foi membro de numerosos comités de expertos, entre eles o que se encargou do estudo da organización dos museos de Alemaña e de Austria, en 1892.[5]
Durante a primeira guerra mundial participou como oficial voluntario e prestou o seu servizo en hospitais militares.[6]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Blanchet foi presidente da Sociedade Francesa de Numismática en tres períodos: 1903-1905, 1911-1912 e 1941-1942.[7][8] Presidiu tamén a Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia e a Sociedade de Historia de París e da Illa de Francia (1911-1912). Do mesmo xeito, durante longo tempo foi o presidente do Comité de Traballos Históricos de Ministerio de Instrución Pública de Francia.[2][5][9][10]
Ademais, foi membro doutras organizacións, como a Liga da Patria Francesa, a Sociedade Francesa de Arqueoloxía, a Sociedade Francesa de Heráldica e Sixilografía, a Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1919) e a Académie des Sciences, Belles-lettres et Arts de Lyon.[2] No ámbito internacional, pertenceu tamén á Royal Numismatic Society, de Londres, á Sociedade Real de Numismática de Bélxica e á American Numismatic Society.[4][5]
No ámbito editorial, entre 1906 e 1956 dirixiu, xunto con Ernest Babelon, a publicación Revue Numismatique, da Sociedade Francesa de Numismática.[2][11][12] Tamén foi codirector da Carte archéologique de la Gaule (1931-1953) e foi membro do comité editorial da revista Gallia.[4][5]
A obra de Adrien Blanchet é moi ampla. Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa carreira:[5][15][16][17]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrien Blanchet |
Predecesor: Henri de Castellane Louis Sudre Henri Rolland |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1903-1905 1911-1912 1941-1942 |
Sucesor: Paul Bordeaux A. Babut Jean Babelon |