Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1877 New Bedford, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 4 de xaneiro de 1938 Queens. Nova York. Estados Unidos. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense. |
Educación | Universidade Brown. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Eliot Marvin (1913). |
Premios | |
(1920): Medalla Huntington (ANS). |
Howland Wood, nado o 30 de maio de 1877 en Bedford, Massachusetts, e finado o 4 de xaneiro de 1938 en Queens, Nova York, foi un numismático estadounidense.[1][2][3]
En ocasións utilizaba o pseudónimo de Franklin Perry.[1]
Howland Wood naceu en Bedford, Massachusetts, en 1877, e graduouse na Universidade Brown, en Rhode Island, en 1900.[2][3]
A súa carreira como numismático estivo vinculada á American Numismatic Society (ANS), entidade na que ingresou en 1909 e de cuxo museo foi nomeado conservador o 25 de xaneiro de 1913, posto no que permaneceu ata o seu falecemento en 1938.[3] No seu período como conservador da ANS, a colección da Sociedade creceu desde os 50.000 exemplares iniciais ata os 200.000 espécimes.[2]
Na American Numismatic Society desenvolveu, así mesmo, o labor de editor do American Journal of Numismatics, entre 1910 e 1920, e editor de Numismatic Notes and Monographs a partir de 1920.[2][3]
Paralelamente á ANS, Howland Wood pertenceu tamén á American Numismatic Association, da que ocupou o posto de secretario entre 1905 e 1909, e cabeza da xunta de goberno de 1909 a 1912, así como editor asociado do xornal The Numismatist.[2][3]
Entre outras entidades numismáticas, Wood foi tamén secretario da Sociedade Numismática de Boston (1908-1913), presidente do Club Numismático de Nova York (1930-1933).[3]
Howland Wood casou o 18 de xuño de 1913 con Elizabeth Eliot Marvin, con quen tivo dúas fillas. A súa muller era filla de William T. R. Marvin, que anteriormente fora tamén editor do American Journal of Numismatics, da ANS.[3]
Wood faleceu na súa casa familiar de Flushing, Queens, Nova York, o 4 de xaneiro de 1938.[3]
A American Numismatic Association instituíu na súa honra, na primavera de 1952, o premio Howland Wood Memorial á mellor exposición numismática.[4]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos de Howland Wood:[6][7][8]