Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1862 |
Morte | 11 de agosto de 1931 Cranford. Nova Jersey. Estados Unidos. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e medallística. |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Corinne Crittenden. |
Premios | |
(1930): Medalla Huntington (ANS). |
Bauman Lowe Belden, nado en 1862 e finado o 11 de agosto de 1931 en Cranford, Nova Jersey, foi un numismático estadounidense.
Belden era membro da sociedade patriótica Sons of the American Revolution.[1]
Foi un recoñecido coleccionista de medallas e a súa colección foi vendida un ano despois da súa morte por Thomas Elder.[1]
Como numismático, Bauman Belden estivo vinculado desde 1886 á American Numismatic Society (ANS). Nesta entidade ocupou os cargos de bibliotecario (1891-1896), secretario (1896-1903 e 1905-1915), director (1909-1915), membro do consello executivo (1906-1928) e conselleiro honorario (1928-1931).[1][2][3]
Á marxe da ANS, Belden foi tamén membro da American Numismatic Association (ANA) e do Club Numismático e Nova York.[3] Tamén pertenceu á British Numismatic Society, de Londres.[4]
No tocante á súa vida familiar, Belden casou con Corinne Crittenden, con quen tivo unha filla.[1] O 11 de agosto de 1931 faleceu na súa residencia en Cranford, en Nova Jersey.[5][6]
Estes son os traballos monográficos publicados por Belden en materia medallística e numismática:[9][10]