Nome orixinal | Philip Llewellyn Mossman |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de outubro de 1933 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Dartmouth College. Universidade Harvard. |
Coñecido por | Estudos de moeda estadounidense da época colonial. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e medicina. |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Ranlett (1963). |
Premios | |
2005: Medalla Huntington (ANA). |
Philip Llewellyn Mossman, nado en Worcester, Massachusetts o 10 de outubro de 1933, é un médico e numismático estadounidense.
Philip Mossman graduouse en Medicina no Dartmouth College, de Hanover, Nova Hampshire, en 1955, e logo acadou o mestrado na Facultade de Medicina da Universidade Harvard, en 1958.[1]
Como médico, foi director de rehabilitación do Eastern Maine Medical Center, en Maine.[1]
Mossman é coleccionista de moedas coloniais estadounidenses e publicou varios traballos sobre este tema.[1]
Tamén foi editor da publicación periódica The Colonial Newsletter, a partir de 1997.[1]
Mossman é membro da American Numismatic Society,[2] entidade que en 2006 o recoñeceu coa Medalla Huntington correspondente a 2005.[3][4]
Mossman casou o 15 de xuño de 1963 con Mary Ranlett, con quen tivo tres fillos.[1]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis significativos publicados por Philip Mossman ao longo da súa traxectoria: