Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1893 Durham Township, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 11 de febreiro de 1978 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade Yale. Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | arqueólogo , numismático , filólogo clásico |
Empregador | Universidade Yale |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Charlotte Blake Brinsmade (1920) |
Premios | |
- 1943: Medalla Huntington (ANA). -1955: Medalla da RNS. |
Alfred Raymond Bellinger, nado en Durham, Pensilvania, o 24 de xullo de 1893,[1] e finado o 11 de febreiro de 1978,[2] foi un numismático e arqueólogo estadounidense.
Alfred Bellinger naceu en Durham o 24 de xullo de 1893, fillo de Hiram Paulding e de Elizabeth Dwight (Raymond) Bellinger.[3]
Graduouse en artes en 1917 na Universidade Yale, onde tamén acadou o seu doutoramento en 1925, e ese mesmo ano marchou a Grecia para completar a súa formación durante un curso na Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas.[3][4]
A vida profesional de Bellinger estivo vinculada á Universidade Yale, onde exerceu diversos postos docentes na década de 1920. Entre 1930 e 1962 foi profesor de Lingua Latina, e a partir de 1966 profesor emérito.[3][5]
Participou nas escavacións de Dura Europos e en entre 1931 e 1949 publicou diversos estudos sobre as moedas alí achadas.[5]
Ao longo da súa carreira académica participou tamén como docente na Biblioteca de Investigación Dumbarton Oaks (desde 1948) e no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton (1960-1961). Tamén ocupou diversos postos de responsabilidade, como membro da dirección do Consello de Sociedades Eruditas (1946-1949) ou presidente do consello da Escola Americana de Estudos Clásicos de Atenas (1960-1965).[3][6]
Entre outras sociedades e entidades académicas, foi membro da Royal Numismatic Society (Londres), da American Philological Association e da American Numismatic Society . Así mesmo, foi membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán e membro honorario da Comisión Internacional de Numismática.[3]
Alfred Bellinger casou o 26 de xuño de 1920 con Charlotte Blake Brinsmade, con quen tivo cinco fillos.[3]
Bellinger faleceu o 11 de febreiro de 1978.[2]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Bellinger ao longo da súa carreira académica:[9][10]