Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1856. |
Morte | 4 de marzo de 1937 (81 anos). Walton-on-Thames. Surrey Inglaterra. |
16º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1936 – 1937 ← George MacDonald – Edward Allen Sydenham → | |
14º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1930 – 1935 ← Charles Oman – George MacDonald → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Coñecido por | Estudos de numismática imperial romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | avogado , numismático , coleccionista |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
1921: Medalla da RNS. |
Percy Henry Webb, nado en Hampshire en 1856 e finado en Walton-on-Thames, Surrey o 4 de marzo de 1937, foi un numismático británico especializado na moeda do Imperio Romano.
Foi presidente da Royal Numismatic Society, entidade á que estivo vinculado desde 1901 ata a súa morte.
Percy H. Webb procedía dunha familia con varias xeracións de arqueólogos e arquitectos. Educouse en Malborough e posteriormente graduouse en Dereito. Exerceu como avogado no distrito londiniense de Smithfield durante máis de cinco décadas.[1][2]
Web foi desde a súa xuventude un coleccionista de moedas do Imperio Romano e un estudoso da moeda desta época, sinaladamente das cuñaxes do século II. O seu traballo principal foi o tomo V da obra The Roman Imperial Coinage, publicada en dous volumes en 1927 e 1933, con Harold Mattingly e Edward Sydenham como coeditores.[3][4][5]
A súa traxectoria como numismático estivo moi vinculada á Royal Numismatic Society, de Londres, na que ingresou en 1901. Nesta sociedade accedeu ao cargo de tesoureiro en 1906 e ocupou a súa presidencia en dous períodos: 1930-1935 e 1936-1937.[2][3][5][6]
Webb foi un destacado colaborador no Congreso Internacional de Numismática que tivo lugar en Londres en 1936, organizado pola Royal Numismatic Society.[5][7][8]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Webb foi tamén un colaborador activo da Sociedade Arqueolóxica de Surrey, de cuxo consello directivo formou parte,[9] e da Sociedade Arqueolóxiva de Sussex.[1]
Percy H. Webb faleceu o 4 de marzo de 1937 na súa residencia, The Garden, en Walton-on-Thames, Surrey, aos 81 anos.[1][10]
Durante a primeira guerra mundial, Webb traballou para prestar axuda legal aos refuxiados belgas, o que lle valeu a concesión da medalla do rei Alberte de Bélxica.[2][7]
Por outros méritos na guerra foi nomeado membro da Orde do Imperio Británico e recibiu o recoñecemento do Goberno de Nova Zelandia.[2][7]
Ademais do seu traballo monográfico no que cataloga a moeda imperial romana entre Valeriano (253-260) e o rebelde galo Amando (finais do século III), weber publicou en Numismatic Chronicle diversos artigos acerca da numismática dese período, dos que aquí se recollen os máis salientables:[12][13]
Predecesor: Charles Oman George MacDonald |
Presidente da Royal Numismatic Society 1930-1935 1936-1937 |
Sucesor: George MacDonald Edward Allen Sydenham |