Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1905 París, Francia |
Morte | 26 de xaneiro de 1995 (89 anos) Joinville-le-Pont. Illa de Francia. Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Coñecido por | Estudos da moeda celta da Galia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudos celtas, numismática, arqueoloxía. |
Ocupación | arqueólogo |
Lingua | Lingua francesa |
Premios | |
- 1976: Medalla da RNS. - 1981: Premio Derek Allen (BA). |
Jean Baptiste Colbert de Beaulieu, nado o 25 de decembro de 1905 en París e finado o 26 de xaneiro de 1995 en Joinville-le-Pont, na rexión da Illa de Francia, foi un erudito, numismático e historiador, director de investigación do CNRS, especialista na numismática celta e en concreto no estudo da moeda gala, cuxa serie de cuños estableceu baseándose nunha nova metodoloxía.
Aínda que Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu era médico exerceu esta profesión pouco tempo. Durante a segunda guerra mundial dirixía un laboratorio de produtos de beleza en Bruxelas.[1]
A súa curiosidade fixo que se interesase por ámbitos tan diversos como a astronomía, a pintura clásica, a numismática, a filatelia, a radio ou os libros antigos, sobre os que publicou diversos artigos, así como sobre outros estudos históricos.[1] En 1931 fundou en Aviñón o Groupe numismatique du Comtat et de Provence, do que foi nomeado presidente de honra en 1970.[2].
En 1948, nunha das súas frecuentes viaxes de volta a Francia, atopou un grupo de moedas nun anticuario de Sanit-Jacques-de-la Lande que, coa axuda de Paul Naster, catalogou como moedas celtas da Galia; ese mesmo ano e sobre ese mesmo tema publicou o seu primeiro artigo sobre numismática.[3][4] A partir dese momento dedicou gran parte da súa vida á clasificación dos cuños destas emisións, para o que estableceu unha nova metodoloxía.[1]
O 1 de outubro de 1951 ingresou, da man de Adrien Blanchet, como bolseiro de investigación no CNRS, onde 25 anos despois culminou a súa carreira como director de investigación. Nesa institución desenvolveu as súas investigacións sobre a moeda da Galia, que deron lugar a numerosas publicacións, entre as que destaca o tratado de numismática celta publicado en 1973, onde expón a súa metodoloxía e sintetiza as súas achegas doutros traballos parciais.[5][6][7][8]
Colbert de Beaulieu foi membro de diversas sociedades e entidades académicas. En 1963 foi un dos fundadores da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos (SENA), en París, que presidiu e da que foi nomeado posteriormente presidente de honra.[9][10]
Colbert de Beaulieu foi un autor prolífico: entre 1948 e 1983 a súa bibliografía totaliza 306 artigos (máis de oito cada ano). Esta é unha listaxe dos seus traballos monográficos e unha escolma dalgúns dos seus artigos máis representativos:[13][14][15][16][17]