George Francis Hill –G. F. Hill– | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 22 de decembro de 1867 |
Lugar | Berhampur Bengala Occidental India Británica |
Falecemento | 18 de outubro de 1948 (80 anos) |
Lugar | Londres Inglaterra |
Nacionalidade | Británica |
Cónxuxe | Mary Paul (1897) |
Actividade | |
Campo | Numismática, biblioteconomía, museística |
Alma máter | - Universidade de Londres - Universidade de Oxford |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | - Traballos sobre moeda da Antiga Grecia e sobre medalla renacentista. - Director do Museo Británico. |
Premios | - 1915: Medalla da RNS. - 1923: Medalla Huntington, da ANS. - 1934: Jeton de Vermeil, da SFN. - 1948: "Serena Medal", da BA. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
George Francis Hill, nado en Brahmapur, India Británica, o 22 de decembro de 1867, e finado en Londres o 18 de outubro de 1948, foi un numismático e historiador británico, bibliotecario principal e director do Museo Británico (1931-1936). Foi un destacado especialista en moeda da Antiga Grecia e en medallas renacentistas.[1][2][3]
O seu avó paterno, Micaiah Hill, fora o fundador en Londres da London Missionary Society, unha institución de misioneiros da igrexa congregacional, e o seu pai, Samuel John Hill, establecérase en Brahmapur, onde naceu George Francis Hill.[1][2]
Formouse xa desde rapaz en Inglaterra; primeiro no Blackheath College, ao sueste de Londres, e posteriormente no University College, da Universidade de Londres, e finalmente no Merton College, da Universidade de Oxford, onde foi alumno do numismático e arqueólogo clásico Percy Gardner (1846-1937) e acadou a súa graduación en estudos clásicos.[1][2][4]
En 1893 ingresou no Museo Británico, onde se adscribiu ao seu Departamento de Moedas e Medallas, que naquel momento era un importante centro de estudo da moeda da Antiga Grecia. Alí traballou con persoeiros tan salientables como Barclay Head e Reginald Poole, e cinco anos máis tarde publicou o seu primeiro traballo sobre moeda grega.[1][2]
A Hill débeselle a publicación de moitos dos catálogos das coleccións numismáticas do Museo Británico. En 1912 pasou a ser o conservador do Departamento de Moedas e Medallas e en 1931 foi nomeado director e bibliotecario principal do Museo Británico. Baixo a súa dirección compróuselle á Unión Soviética o Codex Sinaiticus e, xunto co Victoria and Albert Museum, a colección de antigüidades orientais de George Eumorfopoulos.[1][2]
Hill foi tamén editor do Journal of Hellenic Studies, da Sociedade de Promoción dos Estudos Helénicos, desde 1898 ata 1912. He was knighted in 1933.[1][2]
En 1897 casou con Mary Paul (finada en 1924). Hill xubilouse en 1936 e faleceu en Londres en 1948.[1][2][3]
Estas son as monografías máis salientables publicadas por George Francis Hill:[1][2][9]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Francis Hill |