Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill. |
Coñecido por | Estudos de numismática romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía e numismática. |
Ocupación | arqueólogo clásico |
Empregador | Museo Británico |
Obra | |
Doutorando | Philippa Walton (en) |
Premios | |
- (2011): Arqueólogo do Ano. - (2013): Premio Lhotka (RNS). - (2019): Medalla da RNS. | |
Lista
|
Sam Moorhead, nado en 1961, é un arqueólogo e numismático, membro do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Moorhead graduouse en Arqueoloxía Clásica e Historia Antiga na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, e posteriormente completou os seus estudos na Universidade de Durham e no Instituto de Arqueoloxía da University College London (UCL).[1][2]
Durante as décadas de 1980 e 1990 traballou no estudo de diversos conxuntos e coleccións de moedas, como a do Museo de Wiltshire, que lle serviu para elaborar a súa tese de mestrado coa que se graduou no UCL. Participou ademais en escavacións en Israel, en Palestina, en Italia e en Albania, e publicou numerosos artigos sobre eses traballos.[3] Tamén exerceu como profesor de Cultura Clásica, Arqueoloxía e Historia Antiga no Ardingly College durante 12 anos.[1][4]
En 1997 ingresou no Museo Británico como profesor de Arqueoloxía,[3] e en 2006 pasou a ser asesor de achados monetarios da Idade de Ferro e moedas romanas dentro do Portable Antiquities Scheme, baseado no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[1][4]
Moorhead estivo a traballar durante cinco anos nun volume da serie Roman Imperial Coinage, dedicado aos emperadores Carausio e Alecto, que involucrou arredor de 70 museos do Reino Unido e doutros países.[1]
Sam Moorhead é membro da Royal Numismatic Society, da que foi secretario, da British Numismatic Society e da Roman Society.[4] Ademais, foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres e é profesor honorario do Instituto de Arqueoloxía do University College London.[1]
No curso 2017-2018 foi profesor visitante do Archaeological Institute of America.[2]
Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Sam Moorhead ao longo da súa carreira académica:[4][7][8][9]