Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1953 Roma, Italia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italiana |
Educación | - Universidade de Roma La Sapienza - Universidade de Milán |
Coñecido por | Estudos de numismática medieval |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía |
Ocupación | numismático , arqueóloga , historiadora |
Empregador | Universidade de Roma La Sapienza Universidade de Milán |
Influencias | |
Lingua | Lingua italiana |
Premios | |
- (1999) Jeton de Vermeil da Sociedade Francesa de Numismática. - (2008) Medalla Gunnar Holst. - (2012): Medalla da Royal Numismatic Society. - (2014) Premio Duchalais da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. - (2016) Membro honorífico da Sociedade Real de Numismática de Bélxica. - Outros: ver sección "Recoñecementos" deste artigo. | |
Páxina web | luciatravaini.it |
Lucia Travaini, nada en Roma o 3 de agosto de 1953, é unha numismática e arqueóloga italiana profesora de Numismática Medieval e Moderna na Universidade de Milán.[1][2][3][4]
Logo de realizar os seus estudos de ensino secundario no instituto Terenzio Mamiani, de Roma,Travaini titulouse en arqueoloxía en 1976 na Universidade de Roma La Sapienza e asistiu tamén á Escola de Especialización en Arqueoloxía da Universidade de Nápoles, e logo traballou na Superintendencia Arqueolóxica do ministerio italiano de Bens Culturais e no gabinete de moedas e medallas do Museo Nacional Romano.[1][3][5]
En 1977 obtivo unha bolsa de estudos na Academia de Ciencias de Polonia, en Varsovia, Cracovia e Poznan, para afondar nos métodos de escavación e interpretación en arqueoloxía medieval.[5]
Entre 1979 e 1981 aprendeu da man de Paul Balog, en Roma, a ler as inscricións árabes das moedas normandas de Sicilia, o que lle resultou unha experiencia fundamental para as súas futuras investigacións.[5]
En 1983 tivo a oportunidade de estudar un achado de moeda siciliana depositado no Ashmolean Museum, de Oxford, onde tomou contacto con numismáticos británicos que mantivo durante toda a súa carreira investigadora. Particularmente salientable foi a súa participación no VIII Simposio sobre Moeda e Historia Monetaria, en Oxford, en 1985.[1][5]
Entre 1992 e 1998, foi unha investigadora integrada no equipo de Philip Grierson no Museo Fitzwilliam da Universidade de Cambridge, e con el participou moi activamente no desenvolvemento do proxecto Medieval European Coinage, particularmente na elaboración e na edición dun volume dedicado ás emisións medievais da Italia meridional, Sicilia e Sardeña.[1][6] En relación coas súas investigacións sobre moeda italiana medieval colaborou tamén con outros numismáticos de prestixio como D. M. Metcalf, da Universidade de Oxford, ou Carlo M. Cipolla na Universidade Berkeley.[2][3][5]
En 1998, regresou a Italia para ingresar como profesora asociada da cátedra de numismática medieval e mdoerna, no Departamento de Estudos Históricos da Universidade de Milán.[1][2][3][7]
A Travaini encomendóuselle a redacción de diversas entradas vinculadas coa numismática da Enciclopedia Treccani, como é o caso da do augustal de Frederico II.[8]
Entre outras asociacións e sociedades numismáticas, Travaini é membro da Royal Numismatic Society, de Londres, da Société Royale de Numismatique de Belgique, de Bruxelas, da Société Française de Numismatique, de París, da Società Numismatica Italiana, de Milán, e do Consello Internacional de Numismática, no marco do cal participou como membro do comité organizador do XV Congreso Internacional de Numismática, que tivo lugar en Messina en 2015.[1][9]
Estes son os premios e recoñecementos outorgados a Lucia Travaini ao longo da súa carreira como investigadora numismática:[1][10]
Travaini publicou desde 1977 máis de 200 artigos sobre arqueoloxía e, fundamentalmente, sobre numismática medieval en publicacións conxuntas e en moi diversas revistas especializadas nestas disciplinas, como a Rivista Italiana di Numismatica, en Numismatic Chronicle ou no Bulletin de la Société Française de Numismatique.[17][18]
Esta é unha selección das monografías máis significativas publicadas por Lucia Travaini:[1][19]