Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1936 Sofía, Bulgaria |
Morte | 31 de marzo de 2012 (76 anos) Sofía Bulgaria |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Búlgara. |
Educación | Universidade de Sofía. Universidade de París. |
Coñecido por | Estudos sobre numismática do Reino Odrisio e moeda provincial romana da Tracia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | arqueóloga , numismático , profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Sófia (pt) |
Lingua | Lingua búlgara |
Obra | |
Doutorando | Ilya Prokopov, Dimitar Draganov, Vladimir Pencev, Docka Vladimirova-Aladžova. |
Premios | |
(1986): Jeton de Vermeil (SFN). |
Yordanka Youroukova (tamén transcrito como Jordanka Jurukova e Ĭordanka I︠U︡rukova), nada o 19 de xaneiro de 1936 en Sofía e finada o 31 de marzo de 2012 na mesma cidade, foi unha numismática e museóloga búlgara, que dirixiu o Museo Arqueolóxico Nacional de Bulgaria.
Youroukova cursou a súa formación superior na Facultade de Historia da Universidade de Sofía, onde se graduou en 1960. Posteriormente fixo estudos de posgrao na Sorbona de París entre 1961 e 1962, universidade na que acadou o seu doutoramento en 1974 (cunha tese sobre numismática bizantina) e a habilitación docente en 1984.[1][2]
En 1962 ingresou no Museo Arqueolóxico Nacional de Bulgaria como conservadora axudante, mais á morte de Theodor Gerassimov en 1974 sucedeuno no posto de conservadora da colección numismática do museo.[1][2]
En 1989 foi nomeada directora do Departamento de Numismática e Epigrafía do Instituto Nacional de Arqueoloxía e Museos, dentro da Academia Búlgara, e, a partir de 1991, exerceu a dirección do propio instituto. Finalmente, fíxose cargo da dirección xeral do Museo Arqueolóxico Nacional de Bulgaria entre 1993 e 2003, ano da súa xubilación.[1][2]
No ámbito universitario, Youroukova foi profesora asociada de Numismática na Universidade de Sofía desde 1975 e titular a partir de 1988. O seu labor docente ampliouse tamén a outras entidades de ensino superior do seu país (Nova Universidade Búlgara e Universidade de Veliko Tarnovo) e do estranxeiro (Collège de France, Sorbona e universidades de Uppsala, Xenebra e Múnic).[1][2]
Entre outras entidades de carácter numismático e académico, Youroukova foi membro da Sociedade Numismática Búlgara (presidenta en 1979-1990), da Unión de Sociedades Numismáticas Búlgaras (presidenta en 1990-1994), da American numismatic Society, da Asociación Internacional de Epigrafía Grega e Latina, e do Instituto Arqueolóxico Alemán.[3]
Youroukova foi a máxima representante da numismática búlgara na súa época. As súas principais contribucións como investigadora refírense á numismática da Tracia, tanto durante o reino como durante a época romana, e tamén aos achados de moeda bizantina en Bulgaria.[1][2]
A figura de Youroukova foi distinguida por diversas entidades, entre as que cabe salientar as seguintes:[2][4]
Ao longo da súa carreira académica, Yordanka Youroukova publicou máis de 140 artigos en diversas revistas numismáticas da súa época, así como nove traballos monográficos.[6][7]