Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1961 (62 anos) Herefordshire, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Bristol. University College London. |
Coñecido por | Estudos de numismática romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e historiografía |
Ocupación | arqueólogo |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
2018: Jeton de Vermeil (SFN). |
Kevin Edward Templar Butcher, nado en Hereford, Inglaterra, é un historiador e numismático británico especializado na moeda e a economía do Oriente Próximo na época Romana.
Logo de completar a súa educación secundaria en Hereforde, ao oeste de Inglaterra, Kevin Butcher graduouse na Universidade de Bristol en 1983 e posteriormente trasladouse ao University College de Londres, onde acadou, no seu Institute of Archaeology, o seu doutoramento en 1991 cunha tese acerca das emisións monetarias da Siria romana.[1][2][3]
En 1988, ano da publicación do seu primeiro libro[4], ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge. Posteriormente, logo dunha etapa como investigador en Inglaterra cunha bolsa Leverhulme Trust, trasladouse a Beirut, no Líbano, para exercer como profesor asociado no departamento de Historia e Arqueoloxía na American University (1995-2007). Nesa cidade estivo, ademais, moi involucrado nas escavacións internacionais no seu distrito central.[3]
Dsde 2007 é profesor titular no departamento de Mundo Clásico e Historia Antiga na Universidade de Warwick.[2][3]
O seu campo de investigación en materia numismática céntrase nas cuñaxes do Oriente Próximo romano, aínda que abrangue tamén aspectos como a economía romana, as técnicas de produción monetaria e o aspecto sociolóxico da moeda.[2] Nos seus estudos máis salientables ocúpase da moeda da Antiga Grecia e na da Antiga Roma, sinaladamente as cuñaxes cívicas e a moeda provincial romana, e tamén da moeda helenística e na romana das costas de Siria e do Líbano. [3]
En 2019 recibiu unha das presixiosas bolsas AHRC para o desenvolvemento do proxecto Rome and the Coinages of the Mediterranean (RACOM), no que se investiga a metalurxia das moedas imperiais e provinciais romanas de prata desde Septimio Severo a Valeriano e Galieno, cunha duración de cinco anos.[3]
Butcher é autor dun bo número de artigos, publicados nas principais revistas numismáticas e arqueolóxicas, como Numismatic Chronicle, Revue Belge de Numismatique, Rivista Italiana di Numismatica, Oxford Journal of Archaeology, etc. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[5][6][7][8]