Nome orixinal | (el) Ιωάννης Τουράτσογλου |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1940 Tesalónica, Grecia |
Morte | 13 de setembro de 2021 (80/81 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Grega |
Educación | Universidade de Tesalónica |
Coñecido por | Director de: - Museo Numismático de Atenas. - Museo Arqueolóxico de Atenas. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía |
Ocupación | numismático , arqueólogo |
Empregador | Museo Numismático de Atenas |
Profesores | Geōrgios Bakalakēs (en) |
Lingua | Lingua grega moderna |
Premios | |
- (2001): Medalla Gunnar Holst. - (2002): Jeton de Vermeil. - (2012): Medalla Huntington. |
Ioannis Touratsoglou (en grego: Ιωάννης Τουράτσογλου; tamén transcrito como Giannēs e Giánnīs)[1], nado en 1940 en Tesalónica, e finado o 13 de setembro de 2021,[2] foi un numismático e arqueólogo grego, especialista na moeda grega e bizantina.[3]
Ioannis Touratsoglou estudou Arqueoloxía Clásica na Universidade Aristóteles de Tesalónica, onde tivo profesores como Georgios Bakalakis, Manolis Andronikos ou Ioannis Kakridis. En 1967 ingresou no Servizo Arqueolóxico de Grecia.[3]
De 1982 a 1993 foi conservador do Museo Numismático de Atenas e en 1994 foi nomeado director desta institución. En 1999 accedeu, así mesmo, á dirección do Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas, e compaxinou ambos os cargos ata a súa xubilación en 2002.[4]
En 2009, os seus colegas numismáticos honrárono polos seus 35 anos de dedicación ao Servizo Arqueolóxico, coa publicación dunha obra conxunta en dous volumes titulada Κέρματα Φιλίας.Κέρματα φιλίας. Τιμητικός τόμος για τον Ιωάννη Τουράτσογλου ("Moedas de amizade. Volume na honra de Ioannis Touratsoglou").[5][4]
O día 25 de maio de 2017 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Aristóteles de Tesalónica.[3]
Esta é unha escolma das monografías e dos artigos numismáticos e arqueolóxicos máis salientables da traxectoria académica de Touratsoglou.[9][10][11]