Medalla Huntington | |
---|---|
Emblema da American Numismatic Society | |
Outorgada pola American Numismatic Society | |
Tipo | Recoñecemento. |
Graos | Único. |
Elixibilidade | Numismáticos de calquera país. |
Outorgada por | Contribucións á numismática ao longo da súa traxectoria. |
Descrición | Medalla de prata. Deseaño: Emil Fuchs (1908). |
Estadísticas | |
Establecida | 1918 |
Primeira outorgada | 1918 (Edward T. Newell) |
Última outorgada | Concesión anual vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
A Medalla Huntington, outorgada desde 1918 pola Sociedade Numismática Americana, é un dos recoñecementos máis prestixiosos do ámbito numismático, que premia a traxectoria dun numismático destacado de calquera país do mundo.[1]
A condecoración denomínase así na honra de Archer M. Huntington (1870-1955), un home de negocios neoiorquino herdeiro dunha familia de industriais ferroviarios que se afiliou á American Numismatic Society en 1899 e permaneceu nela ata o seu falecemento. Huntington chegou a ser presidente da entidade entre 1905 e 1910, e foi un dos seus principais benefactores, en forma non só de moedas e medallas para a colección da Sociedade, senón tamén como doador de fondos económicos para a construción da súa sede e para outros fins.
A medalla está cuñada en prata e foi deseñada en 1908 por Emil Fuchs con motivo do 50 aniversario da Sociedade, e con ela recoñécense as contribucións destacadas dentro da traxectoria dun investigados numismático de calquera lugar do mundo.
Inicialmente distribuíronse exemplares da medalla en bronce entre os membros da sociedade que participaban nas exposicións que esta organizaba, ata que o seu consello de dirección decidiu a emisión de exemplares en prata "en recoñecemento dos servizos literarios ou outros á ciencia da numismática".[1]
Estes son os numismáticos aos que se lles concedeu a medalla Huntington desde o seu establecemento como galardón en 1918:[2]