Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2024.)
Isabel Allende
Nacemento2 de agosto de 1942
 Lima
NacionalidadeEstados Unidos de América e Chile
Alma máterLiceo Nº 1 Javiera Carrera
OcupaciónNovelista
CónxuxeMiguel Frías e Willie Gordon
FillosPaula Frías Allende e Nicolás Frías Allende
LinguaCastelán
Período1982
DebutLa casa de los espíritus (1982)
Coñecido/a porLa casa de los espíritus, Zorro: O Começo da Lenda e A Long Petal of the Sea
InfluenciasGabriel García Márquez
PremiosPrêmio Nacional de Literatura do Chile, Prémio de literatura Hans Christian Andersen, Salón da Fama de California, American Book Awards, Common Wealth Award of Distinguished Service, Prêmio Anisfield-Wolf, doutor honoris causa, 100 Mulleres da BBC, Premio Iberoamericano de Letras José Donoso, honorary doctor of Harvard University, Alcalá City Awards, honorary doctor of the University of Santiago, Chile, Medalla Presidencial da Liberdade, Carl Sandburg Literary Award, Library of Congress Prize for American Fiction, Great Immigrants Award e WILLA Literary Award
Na rede
Páxina web oficial
IMDB: nm0021196 Allocine: 68574 Allmovie: p168309 TV.com: people/isabel-allende
Twitter: isabelallende TED: isabel_allende Musicbrainz: f9e821ca-154d-4241-b695-b4f9c5067655 Songkick: 186668 Discogs: 518286 Editar o valor em Wikidata
Páxina web oficial
editar datos en Wikidata ]

Isabel Allende Llona (Isabel Allende.ogg pronunciación ), nada en Lima (Perú) o 2 de agosto de 1942, é unha escritora chilena. Actualmente reside nos Estados Unidos. Unha das escritoras máis destacadas do mundo, con vendas por riba de 35 millóns de exemplares e traducida en 27 linguas. A súa obra vén marcada pola ditadura chilena, implantada co golpe militar que en 1973 derrubou o goberno do seu tío Salvador Allende.

Traxectoria

Nace no Perú, con todo é cidadá chilena desde o seu nacemento. Filla de Tomás Allende, funcionario diplomático de Chile e primo irmán de Salvador Allende, e de Francisca Llona. Os seus pais separáronse en 1945, retornando a súa nai a Chile con ela e os seus dous irmáns.Entre 1953 e 1958, a súa familia residiu sucesivamente en Bolivia e Beirut (Líbano). En Bolivia frecuentou unha escola estadounidense e en Beirut un colexio privado inglés. En 1958 retornou a Chile e reencontrouse con Miguel Frías, con quen contraeu matrimonio en 1962.

Dende 1959 ata 1965 traballou na Organización das Nacións Unidas para a Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en Santiago de Chile. En 1963 naceu a súa filla Paula. Os anos seguintes pasou longas tempadas en Europa, residindo especialmente en Bruxelas e Suíza. De retorno a Chile en 1966 naceu o seu fillo Nicolás.

A partir de 1967 tomou parte na redacción da revista Paula, ó tempo que publicou artigos sobre diversos temas. Posteriormente realizou diversas colaboracións para a revista infantil Mampato e publicou dous contos para nenos La abuela Panchita e Lauchas y lauchones, ratas y ratones e unha colección de artigos titulada Civilice a su troglodita; ademais traballou en dúas canles de televisión chilenas.

En 1973 estreou a súa obra de teatro El embajador. Ese mesmo ano, se produciu o golpe de Estado encabezado polo xeral Pinochet, no que morreu o seu tío avó. En 1975 exiliouse coa súa familia en Venezuela. Alí permaneceu 13 anos traballando no diario El Nacional de Caracas e nunha escola secundaria ata 1982, e publicou a obra La casa de los siete espejos (1975).

En 1981, tendo o seu avó 99 anos e estando o mesmo ás portas da morte, comezou a lle escribir unha carta que se converteu nun manuscrito. La casa de los espíritus (1982), a súa primeira novela e, a súa obra máis coñecida. Esta suscitou un grande interese e máis tarde foi adaptada ó cine (por Bille August) e ó teatro.

En 1984, publicou De amor y de sombra, que rapidamente se converteu noutro grande éxito e que tamén foi levada ó cine. As viaxes constantes que emprendeu promovendo os seus libros fixeron que o seu matrimonio con Frías chegase a termo. Divorciada do seu marido, casou con Willie Gordon o 7 de xullo de 1988 en San Francisco.

En 1988, concorreu a votar no plebiscito que fixo dimitir ó ditador Pinochet. En 1990, co retorno da democracia en Chile, foi distinguida co premio Gabriela Mistral polo presidente Patricio Aylwin.

Trala morte da súa filla Paula, Allende publicou o libro de memorias Paula (1994). Este esta escrito en forma de carta dirixido á súa filla, cando esta se achaba en coma nun hospital de Madrid. Son unha memoria dos seus anos de nenez e de exilio. Paula morreu de porfiria en 1992.

Actualmente reside en San Rafael (California). Foi distinguida na Academia de Artes e Letras dos Estados Unidos.

Obra

Premios

Véxase tamén

Ligazóns externas