Posición | Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 19 de xuño de 1968 (56 anos) San Diego, California |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Poway (Poway, California) |
Universidade | Arizona (1986–1990) |
NBA Draft | 1990 / Rolda: 2 / Elección: 38 Por Seattle SuperSonics |
Carreira | 1990–2002 |
Historial de equipos | |
New Jersey Nets (1990–1991) San Antonio Spurs (1991) Golden State Warriors (1991–1994) Chicago Bulls (1994–1998) Detroit Pistons (1999–2001) Phoenix Suns (2001) Orlando Magic (2001–2002) |
Judson Donald Buechler, nado o 19 de xuño de 1968 en San Diego, California, é un ex xogador e actual adestrador estadounidense de baloncesto profesional que é adestrador asistente dos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).
Buechler foi seleccionado polos Seattle SuperSonics na 38ª posición do Draft da NBA de 1990, e os seus dereitos foron traspasados ós New Jersey Nets, onde xogou pouco máis dunha tempada.
Tras un breve paso polos San Antonio Spurs, asinou cos Golden State Warriors, onde acadou 6.2 puntos, 1.3 asistencias e 2.8 rebotes na tempada 1992-93. A súa etapa máis exitosa foi de 1994 a 1998 nos Chicago Bulls de Michael Jordan, onde conseguiu tres campionatos da NBA consecutivos.
Tras o proceso de reconstrución dos Bulls en 1999, Buechler asinou cos Detroit Pistons, onde xogou durante tres tempadas antes de ser traspasado ós Phoenix Suns. En 2002, Buechler retirouse coma profesional tras unha breve estancia nos Orlando Magic. Durante 12 tempadas na National Basketball Association (NBA), Buechler xogou 720 partidos para sete equipos diferentes.