Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 19 de xaneiro de 1969 (55 anos) Melbourne, Victoria |
Nacionalidade | Australia |
Altura | 2,18 m (7 ft 2 in) |
Peso oficial | 120 kg (265 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Scotch College (Perth, Australia) |
Universidade | New Mexico (1987–1991) |
NBA Draft | 1991 / Rolda: 1 / Elección: 7 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | 1986–2001 |
Historial de equipos | |
Perth Wildcats (1986) Minnesota Timberwolves (1991–1994) Chicago Bulls (1994–1998) Phoenix Suns (1998–2000) New York Knicks (2000–2001) |
Lucien James Longley, nado o 19 de xaneiro de 1969 en Melbourne, Victoria, é un ex xogador e actual adestrador australiano de baloncesto profesional. Foi o primeiro australiano en xogar na National Basketball Association (NBA), onde estivo dez tempadas en catro equipos diferentes.[1] Foi internacional coa selección australiana, coa que disputou os Xogos Olímpicos de 1988, 1992 e 2000, e dende 2013 é adestrador asistente da selección.
Longley foi seleccionado na 7ª posición do Draft da NBA de 1991 polos Minnesota Timberwolves. Debutou na NBA cos Timberwolves o 30 de novembro de 1991.[2] Tras dúas tempadas a baixo nivel, na tempada 1993–94 foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Stacey King.
En Chicago converteuse no pivote titular, e gañou tres campionatos da NBA consecutivos de 1996 a 1998, converténdose no primeiro xogador australiano en gañar a NBA. Tras a ruptura do equipo ó remate da tempada 1997–98, Chicago traspasou a Longley ós Phoenix Suns, a cambio de Mark Bryant, Martin Müürsepp, Bubba Wells e unha elección da primeira rolda do Draft.[3]
Antes do comezo da tempada 2000–01, Longley foi traspasado ós New York Knicks, no segundo traspaso entre catro equipos da historia da NBA.[4] Longley xogou un ano para os Knicks antes de retirarse por problemas no nocello esquerdo.[5][6]