Kathryn Bigelow | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de novembro de 1951 |
Lugar de nacemento | San Carlos |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Columbia, Columbia University School of the Arts, San Francisco Art Institute, San Carlos High School e Sunny Hills High School |
Ocupación | guionista, directora de cine, produtora, escritora, produtora delegada e realizadora |
Cónxuxe | James Cameron |
Coñecida por | Near Dark e The Hurt Locker |
Premios | premios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, Óscar ó mellor filme, National Board of Review Award for Best Film, lista de filmes premiados com o BAFTA de melhor diretor e Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award for Best Director |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Kathryn Ann Bigelow, nada o 27 de novembro de 1951 en San Carlos, California é unha directora de cine estadounidense.
Estudou no San Francisco Art Institute de onde marchou a Nova York, graduándose na Universidade de Columbia.[1] Debutou no cinema con The Loveless, en 1982, codirixida por Monty Montgomery.
Tres películas de acción, Aceiro azul, Chámanlle Bodhi e Strange Days déronlle recoñecemento como autora.[2]
En 2002 dirixiu K-19: The Widowmaker, que non foi un éxito comercial e tivo críticas diversas.[3] A súa seguinte película foi En terra hostil, coa que gañaría numerosos premios que rematarían co Óscar ó mellor director, converténdose na primeira muller en logralo.[4] Ademais o filme gañou o Óscar ó mellor filme, superando a Avatar, dirixida por quen foi o seu marido entre 1989 e 1991, James Cameron.[5]
Tras esta dirixiu Zero Dark Thirty, dramatización da busca de Osama bin Laden.[6]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kathryn Bigelow ![]() |