Brooklyn Nets – No. 45 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 10 de marzo de 2002 (22 anos) Shelbyville, Tennessee |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | The Webb School (Bell Buckle, Tennessee) |
Universidade | Tennessee (2020–2021) |
NBA Draft | 2021 / Rolda: 1 / Elección: 21 Por New York Knicks |
Carreira | desde 2021 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Clippers (2021–2022) → Agua Caliente Clippers (2021) Portland Trail Blazers (2022–2023) Brooklyn Nets (2023–presente) → Long Island Nets (2023–presente) |
Christopher Keon Johnson, nado o 10 de marzo de 2002 en Shelbyville, Tennessee, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).
Johnson foi seleccionado na 21ª posición do Draft da NBA de 2021 polos New York Knicks e foi traspasado ós Los Angeles Clippers.[1]
O 4 de febreiro de 2022, Johnson foi traspasado xunto a Eric Bledsoe e Justise Winslow ós Portland Trail Blazers, a cambio de Norman Powell e Robert Covington.[2]
O 27 de setembro de 2023, Johnson foi traspasado xunto a Grayson Allen, Jusuf Nurkić e Nassir Little ós Phoenix Suns, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Deandre Ayton, Jrue Holiday, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Trail Blazers.[3] O 23 de outubro, os Suns cortaron a Johnson pouco antes do comezo da tempada.[4]
O 1 de novembro de 2023, Johnson asinou cos Brooklyn Nets.[5]