Portland Trail Blazers – No. 2 | |
Posición | Pivote / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 23 de xullo de 1998 (26 anos) Nassau, Bahamas |
Nacionalidade | Bahamas |
Altura | 2,16 m (7 ft 1 in) |
Peso oficial | 113 kg (250 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Balboa City School (San Diego, California) Hillcrest Prep Academy (Phoenix, Arizona) |
Universidade | Arizona (2017–2018) |
NBA Draft | 2018 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Phoenix Suns |
Carreira | dende 2018 |
Historial de equipos | |
Phoenix Suns (2018–2023) Portland Trail Blazers (2023–presente) |
Deandre Edoneille Ayton, nado o 23 de xullo de 1998 en Nassau, é un xogador bahamés de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).
O 21 de xuño de 2018, Ayton foi seleccionado na primeira posición do Draft da NBA de 2018 polos Phoenix Suns, converténdose na primeira elección do Draft na historia dos Suns.[1] O 6 de xullo de 2018, asinou o seu contrato de rookie cos Suns.[2] Ó remate da súa primeira tempada na NBA, foi escollido entre os tres finalistas ó Rookie do Ano, e incluído no mellor quinteto de rookies do ano.[3][4]
O 27 de setembro de 2023, Ayton foi traspasado xunto a Jrue Holiday, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Portland Trail Blazers, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Grayson Allen, Jusuf Nurkić, Nassir Little e Keon Johnson ós Suns.[5]
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2018–19 | Phoenix | 71 | 30.7 | .585 | .000 | .746 | 10.3 | 1.8 | 0.9 | 0.9 | 16.3 |
Total | 71 | 30.7 | .585 | .000 | .746 | 10.3 | 1.8 | 0.9 | 0.9 | 16.3 |