Nome orixinal | (de) Konrad Emil Bloch |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1912 Nysa, Polonia (pt) |
Morte | 15 de outubro de 2000 (88 anos) Lexington, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Columbia Universidade de Múnic Universidade Técnica de Múnic |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica |
Lugar de traballo | Múnic Chicago Nova York Davos Cambridge |
Ocupación | bioquímico , químico |
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Chicago Universidade Estatal de Florida |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá e lingua inglesa |
Premios
| |
Konrad Bloch, de nome completo Konrad Emil Bloch nado en Neisse, Silesia, que hoxe é a cidade de Nysa, en Polonia[1] o 21 de xaneiro de 1912 e finado o 15 de outubro de 2000, foi un químico alemán-polaco-estadounidense.
Estudou química na Escola Técnica Superior de Múnic, especializándose en química orgánica.
De orixe xudía, tras o ascenso ao poder do partido nazi emigrou a Suíza e tras permanecer alí dous anos emigrou aos Estados Unidos onde adquiriu a nacionalidade en 1944. Traballou no Departamento de Bioquímica da Universidade de Columbia onde recibiu o seu doutoramento. Máis tarde pasou a traballar no departamento de Química da Universidade de Cambridge, Massachusetts, e na Universidade de Chicago. Obtivo a cátedra de bioquímica da Universidade de Harvard.
Independentemente de Feodor Lynen, quen tamén tiña estudado en Múnic, dedícouse ao estudo do proceso de síntese do colesterol, descubrindo que o ácido acético é o inicio dunha sucesiva cadea de reaccións químicas cuxo produto final é o colesterol. Ambos os investigadores contribuíron ao coñecemento do metabolismo intermediario de graxas e lípidos. Os avances neste campo foron determinantes no estudo das enfermidades circulatorias e no tratamento posterior da arteriosclerose.
Foi un dos últimos investigadores en descubrir o importante papel do colesterol na formación de hormonas sexuais, un descubrimento que abriu o camiño para a biosíntese de esteroides activos.
Recibiu, xunto con Feodor Lynen, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1964.[2]
En 1985, Bloch converteuse en membro da Royal Society. En 1988, recibiu a Medalla Nacional da Ciencia.[3]
Bloch e a súa esposa Lore Teutsch coñecéronse por primeira vez en Múnic. Casaron nos Estados Unidos en 1941. Tiveron dous fillos, Peter Conrad Bloch e Susan Elizabeth Bloch, e dous netos, Benjamin Nieman Bloch e Emilie Bloch Sondel. Viviron durante moitas décadas no enclave Six Moon Hill de Lexington, Massachusetts. Era afeccionado ao esquí, ao tenis e á música.[4] Konrad morreu en Burlington, Massachusetts de insuficiencia cardíaca conxestiva no 2000, aos 88 anos.[5] Lore Bloch morreu en 2010 aos 98 anos.[6][7]
Predecesor: John Carew Eccles Alan Lloyd Hodgkin Andrew Fielding Huxley |
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1964 | Sucesor: François Jacob André Lwoff Jacques Monod |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Konrad Emil Bloch |
Laureados co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina | |
---|---|
1901–1925 | |
1926–1950 |
|
1951–1975 |
|
1976–2000 |
|
2001– |
|