Luc Montagnier
Nome completoLuc Antoine Montagnier
Nacemento18 de agosto de 1932
Lugar de nacementoChabris
Falecemento8 de febreiro de 2022
Lugar de falecementoNeuilly-sur-Seine
SoterradoOlerón
NacionalidadeFrancia
Alma máterFacultade de Ciencias de París, Universidade de Oxford e Collège René-Descartes (Châtellerault, Vienne)
Ocupaciónbiólogo, virólogo, investigador, catedrático e biólogo molecular
CónxuxeDorothea Ackerman
FillosJean-Luc Montagnier, Francine Montagnier e Anne-Marie Montagnier
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor, Commander of the National Order of Merit, Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica, Prêmio Lasker-DeBakey de Pesquisa Médico-Clínica, Prêmio Internacional da Fundação Gairdner, Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, King Faisal International Prize in Medicine, Prémio Körber de Ciência Europeia, Prêmio Scheele, Prêmio de Medicina A.H. Heineken, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, CNRS silver medal, Prêmio Japão, EMBO Membership, honorary doctor of Saint Joseph University, Honorary doctor of the University of Bologna, doutor honoris causa pola Universidade Bar-Ilan, Doutor honorário da Universidade de Liège, doutor honoris causa pola Universidade Aristóteles de Tesalónica, doutor honoris causa pola Universidade de Montreal, doutor honoris causa na Universidade de Laval, honorary doctor of the University of Bucharest, doutor honoris causa pola Universidade de Atenas, Prêmio Louis-Jeantet de Medicina, Cabaleiro da Lexión de Honra, Oficial da Lexión de Honra, comendador da Lexión de Honor, profesor emérito e Warren Alpert Foundation Prize
Na rede
IMDB: nm2072914 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luc Montagnier, nado en Chabris o 18 de agosto de 1932 e finado en Neuilly o 8 de febreiro de 2022, foi un virólogo francés.[1] Realizou o seu doutoramento en medicina pola Universidade de Poitiers, e en 1967 iniciou as súas investigacións en viroloxía. En 1972 foi nomeado xefe da Unidade Oncolóxica Viral do Instituto Pasteur, e en 1974 foi designado tamén director do Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS). En 2008 obtivo o Premio Nobel de Medicina, xunto a Françoise Barré-Sinoussi, polo descubrimento do virus de inmunodeficiencia humana (VIH), causante da sida; devandito galardón foi compartido con Harald zur Hausen, quen foi premiado polo descubrimento dos virus do papiloma humano que causan cancro cervical.[2]

Principais achegas

En 1983 o equipo do que formaba parte describiu e identificou o que foi un dos maiores descubrimentos das últimas décadas do século XX: o virus VIH causante da sida, apenas pouco despois de que esta síndrome fose recoñecida como unha nova entidade patolóxica en 1981. O virus foi chamado inicialmente virus asociado á linfomadenopatía (LAV). Un ano despois o equipo do estadounidense Robert Gallo confirmou o descubrimento do virus e que este era o causante da sida. O virus foi renomeado virus T-linfotrópico tipo III (HTLV-III).[3]

Durante moitos anos houbo unha forte disputa sobre se o primeiro en illar o virus fora Montagnier ou Gallo. En novembro de 1990, a Oficina de Integridade Científica dos Institutos Nacionais da Saúde tentaron clarificar o asunto designando unha comisión que analizase as mostras almacenadas no Instituto Pasteur e no Laboratorio de Bioloxía de Células Tumorais do Instituto Nacional do Cancro entre 1983 e 1985. O grupo, liderado por Sheng-Yung Chang, concluíu que o virus de Gallo proviña do laboratorio de Montagnier. Chang concluíu que o virus do grupo francés contaminara un cultivo do que o grupo de Montagnier enviara unha mostra a Gallo, e á súa vez contaminou os cultivos en que Gallo estaba a traballar.[4]

Hoxe en día recoñécese que o grupo de Montagnier foi o primeiro en illar o virus VIH, mais que o grupo de Galo foi o que demostrou que o virus causa a sida e foi responsable de gran parte do desenvolvemento científico que fixo posible o descubrimento, incluíndo unha técnica desenvolvida previamente por Gallo para o cultivo de células T en laboratorio.[5]

No número de 29 de novembro de 2002 de Science, Gallo e Montagnier publicaron unha serie de artigos, un deles asinado por ambos, en que recoñecen as achegas fundamentais que cada un tivera no descubrimento do VIH.[6]

Premios

Montagnier recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, compartido con Robert Gallo, no ano 2000 e o Premio Nobel de Medicina en 2008 compartido con Harald zur Hausen e Françoise Barré-Sinoussi.[2]

Controversias

No seus últimos anos algunhas declaracións de Luc Montagnier foron polémicas como a recomendación dada en 2002 ao papa Xoán Paulo II de tratar o párkinson con papaia fermentada,[7] a idea de que a dieta africana favorecía a difusión da sida,[8] ou a defensa da "pista microbiana" como causante do autismo e da homeopatía.[9][10] O seu escepticismo sobre as vacinas foi denunciado en 2017 por máis de cen académicos franceses, que cualificaron as súas posicións como "perigosas".[11] En abril de 2020, ao comezo da pandemia de covid-19, Luc Montagnier considerou que se trataba dun virus creado nun laboratorio a partir do VIH, algo que foi criticado pola comunidade científica.[12] Todas estas controversias lastraron o seu prestixio científico.[13][14][15]

Notas

  1. "Luc Montagnier, prix Nobel et figure des antivaccins, est mort". LEFIGARO (en francés). 2022-02-10. Consultado o 2022-02-10. 
  2. 2,0 2,1 Dous franceses e un alemán gañan o Nobel de Medicina, AFP, 6 de outubro de 2008
  3. Popovic M, Sarngadharan MG, Read E, Gallo RC (1984). "Detection, isolation, and continuous production of cytopathic retroviruses (HTLV-III) from patients with AIDS and pre-AIDS". Science 224 (4648): 497–500. PMID 6200935. doi:10.1126/science.6200935. 
  4. Sheng-Yung P. Chang, Barbara H. Bowman, Judith B. Weiss, Rebeca E. Garcia & Thomas J. White (1993). "The origin of HIV-1 isolate HTLV-IIIB". Nature 363 (6428): 466–469. PMID 8502298. doi:10.1038/363466a0. 
  5. DA Morgan; FW Ruscetti; R Gallo (10 de setembro de 1976). "Selective in vitro growth of T lymphocytes from normal human bone marrows". Science (en inglés) (Sciencemag.org) 193 (4257): 1007–1008. Bibcode:1976Sci...193.1007M. PMID 181845. doi:10.1126/science.181845. Consultado o 15 de maio de 2012. 
  6. Montagnier L. (2002) Historical essay. A History of HIV Discovery. Science 298(5599): 1727-8 (29 de novembro). doi 10.1126/science.1079027 PMID 12459575 Gallo RC. (2002) Historical essay. The Early Years of HIV/AIDS. Science 298(5599): 1728-30 (29 de novembro). doi 10.1126/science.1078050 PMID 12459576 Gallo RC & Montagnier L. (2002) Historical essay. Prospects for the Future. Science 298(5599): 1730-1 (29 de novembro). doi 10.1126/science.1079864 PMID 12459577
  7. "Luc Montagnier a prescrit au pape un traitement miracle". Le Monde.fr (en francés). 2002-08-31. Consultado o 2022-02-10. 
  8. "Prix Nobel mais conspué par les scientifiques, qui est le professeur Luc Montagnier?". LExpress.fr (en francés). 2020-04-18. Consultado o 2022-02-10. 
  9. "Autisme et microbes: l'Académie de médecine se démarque du Pr Montagnier". Sciences et Avenir (en francés). 2012-03-28. Consultado o 2022-02-10. 
  10. "El premio nobel Luc Montagnier se toma la homeopatía en serio". Revista Médica de Homeopatía (en castelán) 4 (1): 39. 2011-01-01. ISSN 1888-8526. doi:10.1016/S1888-8526(11)70094-7. 
  11. "Vaccins. Une pétition dénonce les propos « dangereux » du Nobel Luc Montagnier". Ouest France. 17-11-2017. Consultado o 10-2-2022. 
  12. "Le coronavirus, fabriqué à partir du virus du sida ? La thèse très contestée du professeur Montagnier". Le Monde.fr (en francés). 2020-04-17. Consultado o 2022-02-10. 
  13. "Le lent naufrage scientifique du Professeur Luc Montagnier". sante.lefigaro.fr. 2017-11-17. Consultado o 2022-02-10. 
  14. "Mort de Luc Montagnier, découvreur controversé du sida". La Croix (en francés). 2022-02-10. ISSN 0242-6056. Consultado o 2022-02-10. 
  15. "Luc montagnier, étrange nobel séduit par l’irrationnel". Revue Medicale Suisse (en francés). Consultado o 2022-02-10. 

Véxase tamén

Ligazóns externas