Lawrence de Arabia | |
---|---|
![]() Póster do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lawrence of Arabia |
Director | David Lean |
Produtor | Sam Spiegel |
Guión | Robert Bolt Michael Wilson |
Intérpretes | Peter O'Toole Alec Guinness Anthony Quinn Jack Hawkins Omar Sharif |
Música | Maurice Jarre |
Fotografía | F.A. Young |
Montaxe | Anne V. Coates |
Estudio | Horizon Pictures |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 216 minutos (Estrea orixinal) 228 minutos[1] (Restauración de 1989) |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $15 000 000[2] |
Recadación | $70 000 000[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lawrence de Arabia (en inglés: Lawrence of Arabia) é un filme británico dirixido por David Lean que se estreou en 1962. Estreouse en galego na TVG o 30 de decembro de 2007.[3]
Durante a Gran Guerra (1914-1918), T.E. Lawrence (Peter O'Toole), un conflitivo e enigmático oficial británico, é enviado ó deserto para participar nunha campaña de apoio ós árabes contra Turquía. El e o seu amigo Sherif Alí (Omar Sharif) porán nesta misión toda a súa alma. Os nativos adoran a Lawrence porque demostrou sobradamente ser un amante do deserto e do pobo árabe. En troques, os seus superiores británicos cren que se volveu tolo. Malia que os plans de Lawrence vense coroados polo éxito, o seu soño dunha Arabia independente fracasará.