Rocky | |
---|---|
![]() Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rocky |
Director | John G. Avildsen |
Produtor | Robert Chartoff Irwin Winkler |
Guión | Sylvester Stallone |
Intérpretes | Sylvester Stallone Burgess Meredith Talia Shire Burt Young Carl Weathers |
Música | Bill Conti |
Fotografía | James Crabe |
Montaxe | Richard Halsey Scott Conrad |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 120 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $1 000 000[1] |
Recadación | $225 000 000 |
Filme seguinte | Rocky II |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Rocky é un filme estadounidense dirixido por John G. Avildsen que se estreou en 1976. Estreouse en galego na TVG o 8 de marzo de 2009.[2]
Rocky é un boxeador de 3ª categoría que vive nun pequeno apartamento ó sueste de Filadelfia, Pensilvania, e cuxa carreira no ring non parece que vaia durar moito tempo. Gaña a vida como matón recadando débedas para un usureiro italiano chamado Gazzo, pero Gazzo non cre que Rocky teña malicia dabondo para dar unha malleira a un moroso cando sexa necesario. Rocky aínda se adestra de cando en vez para non perder a forma, e o que fora o seu adestrador, Mickey, cre que podería chegar ó máis alto se tivese a vontade necesaria e se dedicara en corpo e alma ó boxeo. Apollo Creed, o incontestable campión mundial dos pesos pesados recibe a nova de que o que ía ser o seu próximo opoñente, McLee Green, rompeu a man. Dado que o resto de boxeadores libres rexeita o combate, xa que só quedan seis semanas para que se dispute, Apollo sopesa a idea de escoller un boxeador descoñecido. Repasa a escena puxilística de Filadelfia e elixe que o seu rival sexa Rocky, pola sinxela razón de que lle gustou o alcume do italo-estadounidense, O poldro italiano. Un promotor, chamado Jergens, amaña a pelexa, e Rocky comezará a adestrarse ás ordes de Mickey.