Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1879 A Coruña, España |
Morte | 1957 (77/78 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Lingua | Lingua castelá |
Leoncio Bescansa Casares, nado na Coruña en 1879 e finado na mesma cidade en 1957 foi un arquitecto galego.
Bescansa era fillo do comerciante coruñés Fermín Bescansa e de Cándida Casares Teijeiro, filla á súa vez do químico Antonio Casares Rodríguez.
Estudou no instituto da Guarda e trasladouse a Madrid para estudar arquitectura, carreira que rematou en 1903.[1] En 1904 viaxou por Alemaña, Austria e Italia. Foi arquitecto municipal en Córdoba, Lugo e Santiago de Compostela e arquitecto diocesano de Monforte de Lemos. A partir de 1911 instalouse como arquitecto libre na Coruña.[2] En 1912 casou con María García Moniño.[1]
Bescansa foi un dos últimos arquitectos modernistas, mais considérase integrado no grupo de arquitectos do eclecticismo, con Pedro Mariño ou Eduardo Rodríguez-Losada.[2]
Destacan na súa obra as Escolas Labaca (1912-1915) e o edificio principal do Colexio Compañía de María da Coruña (1925)[3], que combinan modernismo con estilo neogótico[4] e o edificio chamado popularmente “dente de ouro” na praza de María Pita (1926-1927). Realizou tamén edificios de vivendas en Betanzos.[2] Na Casa Torres da Coruña (1925) mesturou o barroco español con estilos europeos.[5]