Escolas da Fundación Labaca
Edificio
Localizaciónrúa de Juan Flórez 112-116
15005, A Coruña
Coordenadas43°21′37″N 8°24′24″O / 43.360277777778, -8.4066666666667Coordenadas: 43°21′37″N 8°24′24″O / 43.360277777778, -8.4066666666667
Uso(s)colexio
Construción
Inicio1912
Remate1915
Dimensións
Plantas2
Equipo
Arquitecto(s)Leoncio Bescansa
editar datos en Wikidata ]

As escolas Labaca é un edificio situado no centro da cidade da Coruña.

Historia

[editar | editar a fonte]

Os irmáns Ángela e Ricardo Labaca fundaron a Escola Católica de Ave María en honra dos seus pais para atender a nenos e nenas de clase humilde.[1] Cando se construíu o edificio a zona do Camiño Novo estaba practicamente sen edificar, só con algunhas edificacións industriais.[2]

Anos despois a escola pasou aos poderes públicos.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O edificio principal foi deseñado por Leoncio Bescansa en estilo modernista e neogótico e consta de dous andares. O inferior estaba destinado a aulas e o superior para vivendas dos mestres e unha aula. [3]

Ten planta simétrica e destaca a fachada cunha torre como elemento central, máis alta que a cornixa. Rodeando a torre hai seis pináculos con decoracións con formas xeométricas rematadas nunha coroa.[4]

Tamén destaca a reixa, con forma de tea de araña.[4]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 A Coruña Modernista
  2. Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 84.
  3. Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 84-85.
  4. 4,0 4,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 85.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]