Praia de Oza | |
---|---|
Praia de Oza. | |
Coordenadas: 43°20′49″N 8°23′00″O / 43.346941666667, -8.3833555555556 | |
Características xerais | |
Localización | A Coruña |
Lonxitude | 100 m |
Grao de ocupación | Alta |
Grao de urbanización | Urbana |
Paseo marítimo | |
Características específicas | |
Condicións do baño | |
Zona de fondeo | Admítese |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | |
Tipo de acceso | Peonil con aparcadoiro |
Sinalización do acceso |
A praia de Oza é unha praia urbana do concello da Coruña. Resgardada do vento atlántico e das ondas. Conta con aseos, duchas, aparcadoiro, quiosco de prensa, posto de socorro, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001.
Está prohibido entrar con animais.
Foi construída en 1994, preto da antiga e desaparecida praia de Oza[2], tamén coñecida como praia de Lazareto –coñecida así por situarse ós pés dunha leprosería–, cuxa maior parte foi destruída durante a ditadura franquista por causa da instalación dun varadoiro, ficando entón reducida a unha pequena cala, a pesar da oposición dos veciños[3][4][5][6]. Cando se construíu o novo areal, a vella praia foi reducida un pouco máis por mor da construción dun treito de paseo marítimo[7], desaparecendo definitivamente uns anos despois cando en 2001 comezou a construción dun recheo no que se enterrou un depósito de lodos tóxicos[8][9] que suscitou as protestas dos veciños[10][11][12] e dos mariscadores[13], enriba do cal despois foron levantadas as instalacións dun club náutico[3][14].
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |