Mar das Laquedivas | |
---|---|
लक्षद्वीप सागर | |
Localización administrativa | |
Estado | India Sri Lanka Maldivas |
División | Estados de Goa, Karnataka, Kerala, Tamil Nadu e territorio das Laquedivas |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Índico |
Continente | Subcontinente indio, Asia |
Arquipélago | Illas Laquedivas |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Arábigo e baía de Bengala |
Características | |
Superficie | 786.000 km² |
Profundiade máxima | 4.131 m |
Profundidade media | 1.929 m |
Outros datos | |
Cidade máis poboada | Cebu City (798 809 h. en 2007) |
Mapa | |
Localización das illas Laquedivas (o mar está entre as illas e o subcontinente indio). | |
Rexión das illas Laquedivas | |
O Mar das Laquedivas ou o Mar de Lakshadweep é un corpo de auga que limita coa India, (incluíndo as illas Laquedivas), as Maldivas, e Sri Lanka. Está situado ao suroeste de Karnataka, ao oeste de Kerala e ao sur de Tamil Nadu. Este mar quente ten unha temperatura estable de auga ao longo do ano e é rica en vida mariña. Só o Golfo de Mannar alberga preto de 3.600 especies. Trivandrum, Kochi, Colombo, Quilon, Alappuzha e Malé son as principais cidades á beira do mar das Laquedivas. Kanyakumari, a punta máis meridional da India peninsular, tamén bordea este mar.
A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar das Laquedivas como segue:[1]
- Occidente. Unha liña que vai desde Sadashivgad Lt. na costa oeste da India (14°48′N 74°07′L / 14.800, -74.117) ata Corah Divh (13°42′N 72°10′L / 13.700, -72.167) e de aí polo lado oeste dos arquipélagos das Laquedivas [Laquedivas] e Maldivas ata o punto máis sur do Atol Addu nas Maldivas.
- No sur. Unha liña que vai desde Dondra Head en Sri Lanka ata o punto máis ao sur do atol Addu.
- No leste. As costas occidentais de Sri Lanka e da India.
- No nordés. Ponte de Adán (entre a India e Sri Lanka).
A temperatura da auga é bastante constante ao longo do ano, cuhan media de 26-28° С no verán e 25° С no inverno. A salinidade é de 34‰ (partes por mil) no centro e norte e ata 35, ‰ no sur. As costas son de area, pero as partes máis profundas están cubertas de limo. Hai numerosos arrecifes de coral no mar, como as illas Laquedivas, que están formadas por atois e conteñen 105 especies de coral.[2][3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar das Laquedivas |