Coordenadas: 7°00′00″S 119°40′00″L / -7, 119.66666666667
Mar de Flores | |
---|---|
Laut Flores | |
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() |
División | Provincia de Célebes Meridional, Nusatenggara Occidental e Nusatenggara Oriental |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Índico |
Continente | Oceanía |
Illa/s | Célebes, Selayar, Sumbawa, Komodo e Flores |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Savu, mar de Banda, mar de Xava e mar de Balí |
Illas interiores | Illas Sabalana |
Características | |
Superficie | 240 000 km² |
Profundiade máxima | 5 123 m |
Mapa | |
Localización do mar de Flores. | |
![]() Mapa da rexión do mar de Flores. | |
O mar de Flores (en indonesio, Laut Flores) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, este mar é nomeado así pola illa de Flores, cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Oriental. Comprende unha superficie de 240.000 km².
Os seus límites son:
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Flores como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48j, dentro do arquipélago das Indias Orientais e defíneo da forma seguinte:
No norte.
A costa sur de Célebes, desde a punta oeste da baía Laikang (5º37'S, 119º30 'E) ata Tanjong Lassa (120°28'E).
No leste.
O límite occidental do mar de Banda (48g) entre Flores e Célebes [unha liña desde o punto norte de Flores (8º04'S, 122º52'E) ata a illa Kalaotoa (7º24'S, 121º52') e a través da cadea de illas situadas entre esta e a punta sur de Púo Salayar, a través desta illa e cruzando o estreito ata Tanjong Lassa, Célebes (5º37'S, 120º28'E)].
No sur.
As costas norte de Flores, Komodo e Banta e unha liña ata Tanjong Naroe o punto nordés de Soembawa, e desde alí, ao longo da súa costa norte, ata Tanjong Sarokaja (8º22'S, 117º10'E).
No oeste.
Unha liña desde Tg Sarokaja á illa de Paternoster Occidental (7º26'S, 117º08'E) e desde alí á illa de Postiljon Nordés (6º33'S, 118º49'E) e a punta occidental da baía de Laikang, Célebes.Limits of oceans and seas, páx. 29.[1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Flores ![]() |