Na mitoloxía grega, Melisa foi unha das fillas de Meliseo, rei de Creta.
Coa súa irmá Amaltea encargouse de agochar e coidar a Zeus meniño, pois a súa nai, Rea, deixouno ó seu coidado para evitar que Cronos o devorase, como xa fixera cos fillos que tivera anteriormente. A tal fin, gardaron ó meniño nunha cova do monte Ida (na illa de Creta) e alimentárono con mel (un epíteto de Melisa é a abella) e o leite de Amaltea, representada como unha cabra [1].
Pero Pseudo-Apolodoro narra este mito doutro xeito e non menciona a existencia de Melisa. Rea dá a luz na cova de Dicte [2] e confía a Zeus ás ninfas Adrastea e Ida, que o crían co leite de Amaltea (Biblioteca mitolóxica I, 1, 6). Hesíodo non recolle o mito.
Posteriormente, Meliseo converteu á súa filla Melisa na primeira sacerdotisa de Rea.
Melisa non se representou na arte, sendo eclipsada pola súa irmá Amaltea.