Historia da arte Por período Arte prehistórica Arte paleolítica Arte rupestre Arte neolítica Arte antiga Arte paleolítica Arte mesopotámica Arte suméria Arte asiria Arte babilónica Arte persa Arte sasanida Arte exipcia Arte celta Arte xermánica Arte fenicia Arte exea Arte cicládica Arte minoica Arte micénica Antigüidade clásica Arte etrusca Arte grega Arte romana Arte paleocristiá Arte medieval Arte bizantina Arte islámica Arte prerrománica Arte xermánica Arte insular Arte anglosaxoa Arte celta Arte visigótica Arte merovinxia Arte carolinxia Arte otoniana Arte románica Arte mudéxar Arte gótica Arte da I. Moderna Renacemento Manierismo Barroco Rococó Neoclasicismo Academicismo Romanticismo Arte moderna Nazarenos Prerrafaelitas Realismo Naturalismo Impresionismo Postimpresionismo Puntillismo Divisionismo Simbolismo Art Nouveau Expresionismo Fauvismo Die Brücke Der Blaue Reiter Vangardas Arte abstrata Neoplasticismo Cubismo Construtivismo Bauhaus Suprematismo Realismo socialista Dadaísmo Surrealismo Futurismo A. contemporánea Pop art Op art New Dada Minimalismo Neoconcretismo Arte conceptual Happening Performance Instalacións Land art Hiperrealismo Por expresión ArquitecturaPintura EsculturaDeseño LiteraturaMúsica TeatroCinema

Denomínase minimalismo a unha corrente estética fundada na década dos sesenta do século XX que privilexia os espazos amplos e libres, as cores suaves e tenues. O seu máximo desenvolvemento acadouse na década de 1970.

Termo

O termo "minimal" é utilizado por primeira vez polo filósofo Richard Wolheim en 1965 para referirse ás pinturas de Ad Reinhart e outros obxectos de moi baixo contido artístico como os ready-made de Marcel Duchamp.[1][2]

Menos é máis xa fora un lema empregado por Chilon de Esparta, xunto a Nada en exceso[3], logo adoptado por varios arquitectos, o máis famoso deles e a quen máis se atribuíu a frase, Ludwig Mies van der Rohe[4].

Postulados

O minimalismo é unha corrente estética derivada da reacción ante o pop art. Fronte ó colorismo, á importancia dos medios de comunicación de masas, fronte ó fenómeno do comercial e dunha arte que se baseaba na aparencia, o minimalismo barallou conceptos diametralmente opostos. O sentido da individualidade da obra de arte, a privacidade, unha conversación conceptual entre o artista, o espazo circundante e o espectador. Así como a importancia do contorno como algo esencial para a comprensión e a vida da obra.

Os creadores minimalistas reducen ó máximo os elementos propios da arte, os volumes e formas en escultura. De forma análoga proceden na arquitectura ou na pintura. Intentan condensar en escasos elementos os seus principios artísticos e reflexións.

A pintura "minimal" tamén se coñece como pintura do silenzo, pois apártase do mundo material e do "ruído" de formas e obxectos da sociedade de consumo (especialmente as obras de artistas como Ryman, Martin e Marden polo seu baleiro substancial de intención metafísica).

Características

Influencias

Do construtivismo e sobre todo o planeamento redutor das últimas pinturas de campo de cor de Ad Reinhardt. Este artista, durante os últimos seis anos das súa vida, realizou unha serie de pinturas, todas do mesmo formato (un metro cincuenta de superficie), que contiñan unha simple imaxe en forma de cruz pintada nun ton moi escuro apenas diferenciable do resto da superficie do cadro. Estas obras a primeira vista parecían extensións uniformes de pintura negra. Pero despois de estar mirándoas durante un tempo, o ollo acomódase ás diferenzas de ton e a imaxe da cruz vese perfectamente.

Artistas

Notas

  1. Marqu3s (sexta-feira, 28 de setembro de 2007). "I want it all: Minimal Art". I want it all. Consultado o 2022-06-06. 
  2. "Minimalismo". HA! (en castelán). Consultado o 2022-06-06. 
  3. "Dos homens e suas ideias" (PDF). Edisciplinas; USP.br (en portugués). Consultado o 6-6-2022. 
  4. DV (2011-11-04). "El origen del minimalismo gracias al prestigioso arquitecto Ludwig Mies Van Der Rohe - Diseño Vip" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2022. Consultado o 2022-06-06. 

Véxase tamén

Outros artigos