O movemento obreiro naceu en forma de asociación de traballadores que pretendían mellorar as condicións sociais e laborais.

Orixe

As primeiras reaccións contra a industrialización foron espontáneas e instintivas, sobresaíndo o ludismo, que era un movemento que estaba en contra das máquinas xa que os obreiros crían que estas eran as causantes do seu desemprego e dos seus escasos salarios.

Amais, apareceron movementos asociacionistas que querían enfrontarse aos patróns. Aínda que en Gran Bretaña, dende 1825, estivesen prohibidas as asociacións obreiras xurdiron os primeiros sindicatos (trade unions) que pretendían conseguir melloras salariais e unha redución da xornada laboral.

O primeiro movemento obreiro ben organizado e cuns obxectivos políticos foi o cartismo, moi popular en Gran Bretaña entre 1838 e 1848 que defendía uns dereitos laborais e políticos na chamada Carta do Pobo (aumentos salariais, redución da xornada laboral, sufraxio universal, voto secreto etc.).

Paralelamente, xurdiron teóricos que criticaban o liberalismo económico e que estaban a prol da solidariedade social. Estas persoas chamáronse socialistas utópicos, dos que destacanː

Primeira Internacional

Os dirixentes obreiros pronto entenderon a necesidade de unir a clase obreira mundial. Así, en 1864 constituíuse en Londres a Primeira Asociación Internacional de Traballadores. Porén, as discrepancias xurdidas entre marxistas e anarquistas e a represión dos gobernos, que a consideraban perigosa, provocaron a súa extinción poucos anos despois.

Segunda Internacional

En 1889, os partidos socialistas fundaron en París a Segunda Internacional. Tras longos debates, decidiuse a participación dos partidos obreiros nas eleccións para levar representantes obreiros aos Parlamentos e facer oír a voz da clase traballadora. A II Internacional estabeleceu algúns símbolos do movemento obreiro, como a proclamación do 1 de maio como o Día Internacional do Traballo.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía