Mulan | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mulan |
Director | Tony Bancroft Barry Cook |
Produtor | Pam Coats |
Guión | Robert D. San Souci Rita Hsiao Philip LaZebnik Chris Sanders Eugenia Bostwick-Singer Raymond Singer |
Intérpretes | Ming-Na Eddie Murphy BD Wong Miguel Ferrer Harvey Fierstein Beth Fowler George Takei |
Música | Jerry Goldsmith Matthew Wilder David Zippel |
Montaxe | Michael Kelly |
Estudio | Walt Disney Feature Animation |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 1998 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Infantil, Comedia |
Orzamento | $70 000 000[1] |
Recadación | $304 300 000 |
Filme seguinte | Mulan II |
Na rede | |
https://movies.disney.com/mulan | |
Mulan é un filme de animación de Disney dirixido por Tony Bancroft e Barry Cook que se estreou no 1998. O filme baséase na lenda chinesa de Hua Mulan.
Mulan, unha rapaza chinesa filla única da familia Fa, en lugar de buscar noivo, como as súas amigas, trata por tódolos medios de alistarse no exército imperial para evitar que o seu ancián pai sexa chamado a filas para defender ó Emperador do acoso dos Hunos. Cando o emisario imperial leva a cabo a orde de recrutar ós homes de tódalas familias, Mulan faise pasar por soldado e sométese a un duro adestramento ata facerse merecedora do aprecio e da confianza do resto do seu batallón.
(Voces de dobraxe)