The Princess and the Frog | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Princess and the Frog |
Director | Ron Clements John Musker |
Produtor | Peter Del Vecho |
Guión | Ron Clements John Musker Rob Edwards |
Baseado en | The Frog Princess de E. D. Baker |
Intérpretes | Anika Noni Rose Bruno Campos Keith David Michael-Leon Wooley Jennifer Cody Jim Cummings Peter Bartlett Jenifer Lewis Oprah Winfrey Terrence Howard John Goodman |
Música | Randy Newman |
Montaxe | Jeff Draheim |
Estudio | Walt Disney Animation Studios |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 2009 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Orzamento | $105 000 000[1] |
Recadación | $267 000 000[2] |
Na rede | |
http://movies.disney.com/the-princess-and-the-frog | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Princess and the Frog é un filme estadounidense dirixido por Ron Clements e John Musker. Baséase na novela de E. D. Baker The Frog Princess.
Conto de fadas situado nos Estados Unidos con ambientación no barrio francés de Nova Orleáns. Na historia, un príncipe de nome Naveen, do país de Maldonia, é transformado nun sapo polo malvado meigo voodoo Dr. Facilier. O príncipe sapo pídelle a unha xove, chamada Tiana, que o bique para trocar o feitizo. Porén, o bico non fai efecto e ademais converte a Tiana nun sapo. Xuntos terán que atopar a sacerdotisa voodoo de Bayou, Mama Odie, acompañados dun caimán que toca a trompeta e un vagalume namorado dunha estrela.