Norman Borlaug
Nome completoNorman Ernest Borlaug
Nacemento25 de marzo de 1914
Lugar de nacementoCresco
Falecemento12 de setembro de 2009
Lugar de falecementoDallas
Causalinfoma não Hodgkin
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónluteranismo
Alma máterUniversidade de Minnesota
Ocupaciónbiólogo, profesor universitario, xenetista, agrónomo e enxeñeiro
PremiosPremio Nobel da Paz, Grã-Cruz da Ordem Nacional do Mérito Científico, Medalla Presidencial da Liberdade, Borlaug CAST Communication Award, Medalla Nacional de Ciencia, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Padma Vibhushan in science & engineering, Prémio Philip Hauge Abelson, Medalha Bem-Estar Público, honorary doctor of the University Polytechnic of Catalonia, Fellow of Bangladesh Academy of Sciences, Fellow of Pakistan Academy of Sciences, Fellow of the Royal Society of Edinburgh, honorary doctorate of the University of Granada, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Foreign Member of the Royal Society e doutor honoris causa pola Universidade de Florida
Na rede
WikiTree: Borlaug-9 Find a Grave: 41914147 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Norman Ernest Borlaug, nado en Cresco (Iowa) o 25 de marzo de 1914 e finado en Dallas (Texas) o 12 de setembro de 2009,[1] foi un enxeñeiro agrónomo, xenetista, fitopatólogo, humanista, e é considerado por moitos o pai da agricultura moderna e da revolución verde,[2] foi chamado "o home que salvou mil millóns de vidas".[3][4] Os seus esforzos nos anos 1960 para introducir as sementes híbridas á produción agrícola en México, Paquistán e a India provocaron un incremento notable da produtividade agrícola, e algúns considérano responsable de salvar máis de 1000 millóns de vidas humanas[5][6][7]). Segundo Jan Douglas,[8] asistente executivo da Fundación Premio Mundial, a fonte desa cualificación é o artigo de Gregg Easterbrook de 1997 "Forgotten Benefactor of Humanity", onde di "a forma de agricultura que Borlaug pregoa pode previr 1000 millóns de perdas".

Premio Nobel da Paz en 1970, tamén lle foi concedido o Padma Vibhushan,[9] o segundo maior honor civil da India.

Traxectoria

Norman Borlaug cando practicaba loita na Universidade de Minnesota

Borlaug era bisneto de noruegueses emigrantes nos Estados Unidos. Ole Olson Dybevig e Solveig Thomasdotter Rinde, de Leikanger (Noruega), emigraron a Dane (Wisconsin) en 1854. Dous dos seus fillos, Ole Olson Borlaug e Nels Olson Borlaug (avó de Norman), establecéronse na "Immanuel Norwegian Evangelical Lutheran Congregation" na pequena comunidade norueguesa de Saude, preto de Cresco (Iowa) en 1889.[10][11] El foi o maior de catro fillos; as súas tres irmás máis novas eran Palma Lillian (Behrens; 1916–2004), Charlotte (Culbert; n. 1919) e Helen (1921–1921). Dende os sete aos nove anos, traballou nas 43 hectáreas da granxa familiar ao oeste de Protivin (Iowa) pescando, cazando e cultivando millo, avea e pasto, coidando gando, porcos e polos. Cursou estudos primarios e secundarios na escola da súa localidade, construída en 1865 e hoxe dirixida pola Norman Borlaug Heritage Foundation como parte do Proxecto Legado Borlaug.[12] Máis adiante entrou na Universidade de Minnesota, durante a Gran Depresión. Alí financiou a súa educación desempeñando diversos traballos. Obtivo o seu diploma en ciencias forestais en 1937 e continuou os seus estudos en Minnesota, obtendo en 1941 a súa licenciatura e en 1942 o doutoramento, ambos en fitopatoloxía e además en xenética, baixo a dirección do doutor E.C. Stackman, un dos creadores do programa cooperativo entre a Secretaría de Agricultura mexicana e a Fundación Rockefeller.

En 1944 foi traballar a México como fitopatólogo asociado a dito programa. Despois, en 1945, trasladouse ao estado mexicano de Sonora e especificamente ao Val do Yaqui, onde estudou trigos, Pucciniomycetes e prácticas agronómicas.

Nos primeiros anos do programa, Borlaug e os seus compañeiros de traballo enfocaron os seus esforzos en controlar os Pucciniomycetes que de tarde en tarde destruían os trigais mexicanos. As primeiras variedades resistentes ás Pucciniomycetes lanzáronse en 1948. Á vez experimentáronse e difundíronse novas prácticas agronómicas.

Despois de que México acadase a autosuficiencia en trigo, en 1956, o grupo de científicos que participou con el en Sonora obtivo un logro de enorme transcendencia: o desenvolvemento de variedades ananas de trigo, de alto rendemento, ampla adaptación, resistentes a doenzas e con alta calidade industrial, sementadas por primeira vez en 1962. Con estas variedades, México incrementou notablemente a súa produción. En pouco tempo, moitos países como a India, Paquistán,[13] Turquía, Tunisia, España, a Arxentina e a China,[14] beneficiáronse das novas variedades e da tecnoloxía desenvolvida en México. Porén, para algúns críticos, o avance destas tecnoloxías provocou graves desequilibrios ambientais.[15] Calcúlase que a xente que sofre fame son máis de mil millóns, que, aínda que é unha cifra xamais alcanzada no pasado,[16] en porcentaxe respecto á poboación total do planeta é a menor proporción que se coñece; mesmo é inferior ao número de seres humanos con sobrepeso/obesidade (1200 millóns). Pode ser considerado o responsable de que haxa tantos seres humanos con acceso suficiente a alimentos como nunca na historia, e como recoñecemento da súa obra foille concedido o Premio Nobel da Paz, así como as distincións máis altas que a un civil se lle pode dar nos Estados Unidos. Gañou tamén o recoñecemento máis alto que a India outorga a civís que non son cidadáns desa nacionalidade, ademais doutros innumerables premios, medallas e honores en todo o mundo.

En recoñecemento á súa gran contribución no campo da agricultura, unha importante avenida de Ciudad Obregón, no estado mexicano de Sonora, leva o seu nome. A súa estatua comparte sala con outras grandes personalidades no Capitolio dos Estados Unidos.

En 1981, Borlaug foi membro fundador do Consello Cultural Mundial.[17]

Premio Nobel

En 1970 Borlaug recibiu o Premio Nobel da Paz. Colaborou na creación do Centro Internacional de Mellora do Millo e do Trigo e do Centro de Investigacións Agrícolas do Noroeste, actualmente Centro de Investigación Rexional do Noroeste (CIRNO) dependente do Instituto Nacional de Investigacións Forestales, Agrícola e Pecuarias (INIFAP), que á súa vez depende da Secretaría de Agricultura, Desenvolvemento Rural, Gandería, Pesca e Alimentación (SAGARPA).

Falecemento

Borlaug faleceu aos 95 anos, o 12 de setembro de 2009, na súa propiedade de Dallas,[1] dun linfoma.[18] Os fillos de Borlaug dixeron:

Quereriamos que se tomase a súa vida como modelo para crear unha diferenza nas vidas doutros e loitar realizando esfuerzos para dar fin á miseria humana.[19]

Notas

  1. 1,0 1,1 "El Premio Nobel Norman Borlaug fallece aos 95" (en castelán). [Ligazón morta]
  2. "o pai da 'Revolución Verde'". Did You Know?. Universidade de Minnesota. Consultado o 24 de setembro de 2006.
  3. "Norman Borlaug". scienceheroes.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  4. The Man Who Saved a Billion Lives
  5. Norman Borlaug, scientist who 'saved 245m lives', dies aged 95
  6. Woodward, Billy (2009). "Norman Borlaug—Over 245 Million Lives Saved". Scientists Greater than Einstein: The Biggest Lifesavers of the Twentieth Century. Quill Driver Books. ISBN 1-884956-87-4. 
  7. A frase "salvou máis de 1000 millóns de vidas" é citada en referencia ao traballo de Norman Borlaug (p.ex., "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2011. Consultado o 8 de febrero de 2016. 
  8. "Jan Douglas". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2009. Consultado o 29 de setembro de 2009. 
  9. Padma Vibhushan
  10. RootsWeb. Xenealoxía dos Borlaug Arquivado 24 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  11. "Historia da Comunidad Noruega, Chickasaw, Iowa Arquivado 21 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". Telelaget of America.
  12. State Historical Society of Iowa. 2002. FY03 HRDP/REAP Grant Application Approval
  13. "Borlaug, pai da ‘Revolución Verde’, faleceu". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 03 de decembro de 2009. 
  14. "Why can't we grow new energy?", Juan Enriquez Arquivado 10 de xullo de 2010 en Wayback Machine., setembro de 2007, Nova York]
  15. Borlaug, Norman; Garrett, Peter (18 de decembro de 1999). Between the Tynes / Chronicles of the Future - Program 6 Earth, wind & fire. The Weekend Australian. 
  16. Leonard, Andrew (16 de xullo de 2007). "Show organic farmers the money". Salon.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2008. 
  17. "About Us" [Acerca de Nosotros] (en inglés). Consello Cultural Mundial. Consultado o 8 de novembro de 2016. [Ligazón morta]
  18. "Nobel Prize winning Norman Borlaug dies at 95". 
  19. Associated Press in Dallas (13 de setembro de 2009). "Norman Borlaug, o premio Nobel que alimentou o mundo, faleceu aos 95 anos". The Guardian. Consultado o 15 de setembro de 2009. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas