O fogo e a palabra | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Elmer Gantry |
Director | Richard Brooks |
Produtor | Bernard Smith |
Guión | Richard Brooks |
Baseado en | Elmer Gantry, de Sinclair Lewis |
Intérpretes | Burt Lancaster Jean Simmons Arthur Kennedy Shirley Jones Patti Page |
Música | André Previn |
Fotografía | John Alton |
Montaxe | Marjorie Fowler |
Estudio | United Artists |
Estrea | 7 de xullo de 1960 |
Duración | 146 min |
Orixe | ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O fogo e a palabra (en inglés: Elmer Gantry) é un filme estadounidense de 1960 sobre un estafador e unha evanxelista que venden a relixión por vilas pequenas dos Estados Unidos. Adaptado polo director Richard Brooks, o filme baséase na novela de 1927 Elmer Gantry de Sinclair Lewis e está protagonizado por Burt Lancaster, Jean Simmons, Arthur Kennedy, Shirley Jones e Patti Page.
O filme presenta menos de cen páxinas da novela orixinal, eliminando moitas personaxes e fundamentalmente cambiando a personaxe e as accións da irmá Sharon Falconer, interpretada por Simmons. Esta personaxe estaba levemente baseada en elementos da carreira da evanxelista da radio Aimee Semple McPherson, que fundou a denominación cristiá Pentecostal coñecida como a International Church of the Foursquare Gospel en 1927. Ademais, incorpórase un punto do final da novela sobre a relación de Gantry e Lulu Bain, basicamente cambiando o destino de ambas as personaxes.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 19 de xuño de 1993.[1]
Elmer Gantry é un bebedor e falangueiro viaxante cunha personalidade carismática que enche de pasaxes bíblicos e de fervor os seus discursos como xeito de conseguir cartos. Acode ao espectáculo da irmá Sharon Falconer e inmediatamente se ve atraído polo revivalismo sagrado. Cando o grupo deixa a vila por Kansas, Gantry fala con dozura á súa inxenua axudante, a irmá Rachel, para que lle dea información do pasado de Falconer. El emprega esa información e acaba por unirse ao grupo predicando "Cristo no comercio" e como el é un vendedor salvado.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O fogo e a palabra |