Richard Brooks
Brooks no Festival du cinéma américain de Deauville (1985).
Nome completoReuben Sax
Nacemento18 de maio de 1912
LugarFiladelfia, Pensilvania
Falecemento11 de marzo de 1992 (79 anos)
LugarBeverly Hills, California
CausaInsuficiencia cardíaca
SoterradoHillside Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Etniaestadounidense
Educado enUniversidade Temple
Cónxuxe(s)Jean Brooks (1941–1944)
Harriette Levin (1946–1957)
Jean Simmons (1960–1980)
ProfesiónDirector, produtor, guionista
Na rede
IMDB: nm0112218 Allocine: 1716 Allmovie: p83159 129666
WikiTree: Sax-55 Find a Grave: 6509 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Reuben Sax, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 18 de maio de 1912 e finado en Beverly Hills (California) o 11 de marzo de 1992 foi un director, guionista, produtor e escritor estadounidense coñecido como Richard Brooks.

Traxectoria

Tras graduarse na Temple University, Brooks traballou coma xornalista radiofónico. Na década de 1940 iniciou a súa carreira en Hollywood escribindo guións de filmes como Brute Force (1947) ou Key Largo (1948). En 1950 e grazas á axuda do actor Cary Grant disposto a colaborar cun director novel, debutou na dirección con Crisis, drama producido por Arthur Freed que Grant protagonizou xunto con José Ferrer. Ao longo desa década foi asentando a súa categoría como director de actores, especialmente polo éxito de Blackboard Jungle (1955), con Glenn Ford e Sidney Poitier.

Brooks rodou adaptacións de grandes obras literarias, como Os irmáns Karamazov de Fiódor Dostoyevski, Elmer Gantry, de Sinclair Lewis ou In Cold Blood, de Truman Capote. Un dos seus autores favoritos foi o dramaturgo Tennessee Williams, do que dirixiu Cat on a Hot Tin Roof (1958), con Elizabeth Taylor, Paul Newman e Burl Ives, e Doce paxaro de xuventude (1962), de novo con Newman.

A partir da década de 1970 a súa produción diminuíu en cantidade.

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas