Olivier Panis (57 anos) | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | Francia |
---|---|
Anos en activo | 10 1994–1999, 2001–2004 |
Escudería(s) | Ligier, Prost, McLaren (piloto de probas), BAR, Toyota |
Grandes Premios disputados | 158 (157 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 1 |
Podios | 5 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio do Brasil de 1994 |
Primeira vitoria | Gran Premio de Mónaco de 1996 |
Derradeira vitoria | Gran Premio de Mónaco de 1996 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Xapón de 2004 |
Olivier Panis, nado en Oullins (Lión) o 2 de setembro de 1966, é un piloto de carreiras francés. Panis participou na Fórmula 1 durante dez tempadas, logrando unha vitoria no Gran Premio de Mónaco de 1996, para o equipo Ligier. En 2019, era o último piloto francés a gañar un Gran Premio de Fórmula Un.
É o pai do piloto de carreiras Aurélien Panis.[1]
Nado en Oullins, Lión, Panis, como moitos pilotos de Fórmula 1 iniciou a súa carreira nos karts. Despois de formarse nos karts, Olivier correu varios anos nunha serie de "Júnior" antes de correr na Fórmula 3 francesa. Gañou un campionato de Fórmula Renault en 1989 e rematou segundo na Fórmula 3 francesa en 1991. Finalmente participou na Fórmula 3000 Internacional (Fórmula 3000), e gañou o campionato en 1993.
Con 27 anos de idade Panis debutou en 1994 na fórmula 1, no equipo francés Ligier. Sorprendentemente, conseguiu un segundo posto en Hockenheimring e rematou o campionato de pilotos na undécima posición.
O ano seguinte, Panis sorprendeu novamente con outro segundo lugar, esta vez no Gran Premio de Australia de 1995, con todo rematou dúas voltas detrás do gañador. Unha serie de cuartos lugares noutras carreiras permitiu que o francés rematara en oitavo lugar no campionato.
Con todo, o máis destacado da carreira de Panis ocorreu no Gran Premio de Mónaco de 1996. Baixo unha choiva torrencial, o francés amosou as súas mellores habilidades nunha carreira na que só catro coches foron capaces de rematar a proba. Esta vitoria foi a primeira de sesenta e seis anos de competición en que o primeiro lugar en Mónaco quedoua en mans dun piloto francés e un equipo francés. Foi o único flash nunha tempada gris para o piloto, onde no resto de carreiras, non conseguiu pasar da quinta posición.
Panis tiña potencial para facer unha boa tempada en 1997, agora baixo o mando de Alain Prost, que adquirira Ligier. Despois de seis carreiras, estaba en terceiro lugar no campionato grazas a un segundo posto en España e un terceiro posto no Brasil. Con todo, un accidente en Canadá custoulle unha perna rota e oito carreiras sen participar. Tras a súa reaparición non mostrou sinais de molestias e puido volver ao seu nivel de inicio de tempada, terminando o campionato nun aceptable noveno lugar, tendo en conta as circunstancias anteriores.
Na tempada de Fórmula 1 de 1998, con todo, as cousas non podían ser peores para Panis. En gran parte debido á baixa fiabilidade do seu coche. Panis non conseguiu lograr un só punto en toda a tempada. Na tempada seguinte só logrou dous puntos, tralo cal rematou a súa relación con Prost.
A pesar desta situación Panis estaba a piques de ir a pilotar un dos Williams, pero en vez diso, optou por aceptar un posto como piloto de probas en McLaren. Isto permitiulle asinar un contrato con BAR en 2001. Con todo, BAR demostrou non ser o gran equipo que moitos esperaban e no ano 2002 pilotando o modelo BAR 004 terminou décimo cuarto na clasificación, con só tres puntos.
No 2003 Panis asinou por Toyota, o equipo estaba comezando o seu segundo ano na categoría e esixiu os seus servizos para que aportase os seus coñecementos e servir como unha guía para o seu compañeiro, o debutante Cristiano da Matta. Con todo, o resultado final para o piloto foi o mesmo que nos dous anos anteriores. Especialmente destacou nos eventos de cualificación de cada gran premio na loita pola 'pole'.
O piloto permaneceu en Toyota en 2004 a súa décima tempada na Fórmula 1. A principios de outubro do mesmo ano Panis anunciou a súa intención de retirarse tras o Gran Premio do Xapón, aínda que permaneceu no equipo xaponés dous anos como piloto de probas ata decembro de 2006, que pechou no Circuíto Permanente de Jerez doce anos ligado á Fórmula 1. cando era o piloto máis veterano da categoría con 40 anos de idade.
Posteriormente participou no Trophée Andros (carreiras de xeo en estrada) cun Skoda sendo o seu compañeiro de equipo Jacques Villeneuve.
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1992 | Apomatox | Reynard/92D | Ford Cosworth | SIL 3 |
PAU Ret |
CAT 7 |
PER Ret |
HOC 20 |
NÜR Ret |
SPA Ret |
ALB Ret |
NOG Ret |
MAG 2 |
10º | 10 |
1993 | DAMS | Reynard/93D | Ford Cosworth | DON 3 |
SIL 6 |
PAU Ret |
PER Ret |
HOC 1 |
NÜR 1 |
SPA 1 |
MAG 10 |
NOG Ret |
1º | 32 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1994 | Ligier Gitanes Blondes | Ligier JS39B | Renault RS6 3.5 V10 | BRA 11 |
PAC 9 |
SMR 11 |
MON 9 |
ESP 7 |
CAN 12 |
FRA Ret |
GBR 12 |
GER 2 |
HUN 6 |
BEL 7 |
ITA 10 |
POR DSC |
EUR 9 |
JPN 11 |
AUS 5 |
11º | 9 | |||
1995 | Ligier Gitanes Blondes | Ligier JS41 | Mugen Honda MF301 3.0 V10 | BRA Ret |
ARG 7 |
SMR 9 |
ESP 6 |
MON Ret |
CAN 4 |
FRA 8 |
GBR 4 |
GER Ret |
HUN 6 |
BEL 9 |
ITA Ret |
POR Ret |
EUR Ret |
PAC 8 |
JPN 5 |
AUS 2 |
8º | 16 | ||
1996 | Ligier Gauloises Blondes | Ligier JS43 | Mugen Honda MF301HA 3.0 V10 | AUS 7 |
BRA 6 |
ARG 8 |
EUR Ret |
SMR Ret |
MON 1 |
ESP Ret |
CAN Ret |
FRA 7 |
GBR Ret |
GER 7 |
HUN 5 |
BEL Ret |
ITA Ret |
POR 10 |
JPN 7 |
9º | 13 | |||
1997 | Prost Gauloises Blondes | Prost JS45 | Mugen Honda MF301HA/B 3.0 V10 | AUS 5 |
BRA 3 |
ARG Ret |
SMR 8 |
MON 4 |
ESP 2 |
CAN 11 |
FRA | GBR | GER | HUN | BEL | ITA | AUT | LUX 6 |
JPN Ret |
EUR 7 |
9º | 16 | ||
1998 | Gauloises Prost Peugeot | Prost AP01 | Peugeot A16 3.0 V10 | AUS 9 |
BRA Ret |
ARG 15 |
SMR 11 |
ESP 16 |
MON Ret |
CAN Ret |
FRA 11 |
GBR Ret |
AUT Ret |
GER 15 |
HUN 12 |
BEL DNS |
ITA Ret |
LUX 12 |
JPN 11 |
NC | 0 | |||
999 | Gauloises Prost Peugeot | Prost AP02 | Peugeot A18 3.0 V10 | AUS Ret |
BRA 6 |
SMR Ret |
MON Ret |
ESP Ret |
CAN 9 |
FRA 8 |
GBR 13 |
AUT 10 |
GER 6 |
HUN 10 |
BEL 13 |
ITA 11 |
EUR 9 |
MAL Ret |
JPN Ret |
15º | 2 | |||
2001 | Lucky Strike BAR Honda | BAR 003 | Honda RA001E 3.0 V10 | AUS 7 |
MAL Ret |
BRA 4 |
SMR 8 |
ESP 7 |
AUT 5 |
MON Ret |
CAN Ret |
EUR Ret |
FRA 9 |
GBR Ret |
GER 7 |
HUN Ret |
BEL 11 |
ITA 9 |
USA 11 |
JPN 13 |
14º | 5 | ||
2002 | Lucky Strike BAR Honda | BAR 004 | Honda RA002E 3.0 V10 | AUS Ret |
MAL Ret |
BRA Ret |
SMR Ret |
ESP Ret |
AUT Ret |
MON Ret |
CAN 8 |
EUR 9 |
GBR 5 |
FRA Ret |
GER Ret |
HUN 12 |
BEL 12 |
ITA 6 |
USA 12 |
JPN Ret |
14º | 3 | ||
2003 | Panasonic Toyota Racing | Toyota TF103 | Toyota RVX-03 3.0 V10 | AUS Ret |
MAL Ret |
BRA Ret |
SMR 9 |
ESP Ret |
AUT Ret |
MON 13 |
CAN 8 |
EUR Ret |
FRA 8 |
GBR 11 |
GER 5 |
HUN Ret |
ITA Ret |
USA Ret |
JPN 10 |
15º | 6 | |||
2004 | Panasonic Toyota Racing | Toyota TF104 | Toyota RVX-04 3.0 V10 | AUS 13 |
MAL 12 |
BHR 9 |
SMR 11 |
ESP Ret |
MON 8 |
EUR 11 |
CAN DSC |
USA 5 |
FRA 15 |
GBR Ret |
14º | 6 | ||||||||
Toyota TF104B | GER 14 |
HUN 11 |
BEL 8 |
ITA Ret |
CHN 14 |
JPN 14 |
BRA | |||||||||||||||||
2005 | Panasonic Toyota Racing | Toyota TF105 | Toyota RVX-05 3.0 V10 | AUS | MAL | BHR | SMR | ESP | MON | EUR | CAN | USA | FRA TD |
GBR | GER | HUN | TUR | ITA | BEL | BRA | JPN | CHN | - | - |
Ano | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Matech Competition | Ford | ABU QR |
ABU CR |
SIL QR |
SIL CR |
BRN QR |
BRN CR |
PRI QR 18 |
PRI CR Ret |
SPA QR |
SPA CR |
NÜR QR |
NÜR CR |
ALG QR |
ALG CR |
NAV QR |
NAV CR |
INT QR |
INT CR |
SAN QR |
SAN CR |
60th | 0 |
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. xeral | Pos. clase |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | Team Oreca-Matmut | Marcel Fässler Simon Pagenaud |
Courage-Oreca LC70-Judd | LMP1 | 147 | Ret | Ret |
2009 | Team Oreca-Matmut AIM | Nicolas Lapierre Soheil Ayari |
Oreca 01-AIM | LMP1 | 370 | 5º | 5º |
2010 | Team Oreca-Matmut | Nicolas Lapierre Loïc Duval |
Peugeot 908 HDi FAP | LMP1 | 373 | Ret | Ret |
2011 | Team Oreca-Matmut | Nicolas Lapierre Loïc Duval |
Peugeot 908 HDi FAP | LMP1 | 339 | 5º | 5º |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olivier Panis |